A proposta, que partiu da ANPA do centro e conta co apoio da propia escola, estreouse a semana pasada coa colaboración do Concello de Vigo, que facilitou a sinalización das rutas, que se fan visible mediante sinalización vertical e horizontal, como por exemplo con pegadas nas beirarrúas para orientar aos cativos na súa marcha cara o colexio.
Concretamente, o Escultor Acuña, situado en Coia, conta con dúas rutas. Desde a ANPA agardan que cada vez más nenos se vaian sumando “a esta marabillosa iniciativa na que a convivencia, a autonomía e a seguridade van unidas”.