«No comezo do curso actual (2017-1018), o BNG de Vigo fíxose eco do malestar de varios veciños e veciñas do Barrio de Travesas polo abandono por parte das Administracións do valado dos institutos IES San Tomé e IES Santa Irene», sinala nun comunicado firmado por Serafín Otero, responsable local do BNG en Vigo.
Lembra tamén que a primeiros de setembro o BNG, a través do seu grupo de Barrio de Travesas, visitou a zona indicada «e comprobou que o estado de dito valado é deplorábel», por lo que «xunto cos veciños e veciñas da zona denunciouse publícamete tal situación e fíxose unha concentración na entrada do IES Santa Irene».
A resposta do alcalde de Vigo, segundo engade Serafín Otero, foi inmediata e o 30 de setembro de 2017 anunciou na prensa que a reparación ía ser inminente. «Despois deste anuncio fixéronse mais por parte do Concello, inclusive no Consello Escolar Municipal», apunta.
«Pois ben, estamos a rematar o segundo trimestre escolar e o valado segue peor que estaba, xa que a día de hoxe non se iniciou ningún traballo nel. Calquera pode comprobar o estado da referida valla, o perigo de cortes ou caída dos barrotes metálicos é real, nunha zona tan transitada e con nenos xogando ao seu carón. Denunciamos tamén a situación do valado do Parque de Castrelos. Un parque infantil e de recreo usado e visitado permanentemente por veciños e turistas. Dito valado ao igual que os anteriores tamén está nunha situación deplorábel», asegura.
Por todo isto, o BNG pídelle ao alcalde de Vigo que «deixe de gabarse de que lle sobraron 12.2 millóns de euros, e tome as medidas necesarias de forma urxente para reparar dito valado».