• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG pide ao Congreso a paralización da obra do túnel da Porta do Sol de Vigo

    Néstor Rego considera que o deseño licitado, coas súas dúas ramplas de acceso proxectadas, impedirá a extensión futura da peonalización á contorna do Paseo de Afonso XII
    Redacción por Redacción
    04 de Ene, 2021
    en Local
    0
    La piqueta entra en la Porta do Sol con la vista puesta en 2022

    O BNG insta no Congreso a paralizar as obras do túnel da Porta do Sol para estudar outras propostas que permitan unha peatonalización completa do trazado comprendido entre a Porta do Sol e o Paseo de Alfonso sen a construción de ningún túnel. O portavoz no Congreso, Néstor Rego, salientou que esta obra que ascende a un custo de 17 millóns de euros, «impedirá crear roteiros de continuidade no ámbito histórico e cultural que fomenten o uso peonil e ciclista, como recomenda o Programa Operativo Feder de Crecemento Sostíbel nas súas liñas de actuación».

    O BNG considera «moi grave» que a entidade local incumprira a normativa europea sobre o dereito de acceso e participación na información relativa a medio ambiente, tal e como denunciaron de maneira reiterada tanto as comunidades de afectadas e afectados, como diferentes entidades da cidade e o colectivo Vigo Histórico.

    O BNG xa expresou a nivel local e desdeo primeiro momento a súa oposición ao proxecto de túnel, e promoveu unha moción no Concello de Vigo en setembro do 2019 instando a considerar outras alternativas. «O Bloque estamos a prol de que se peonalice o quilómetro cero de Vigo, continuando a aposta que iniciamos desde unha alcaldía nacionalista no Calvario, na praza da Independencia ou na praza da Constitución» explica o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas. No entanto, Igrexas aclara que a discrepancia está no proxecto concreto. «O que non compartimos é que se acoitele o corazón do centro urbano cun túnel innecesario, insustentábel e caro, que ademais impedirá peonalizar o Paseo de Afonso», argumenta.

    Rego destacou que as restricións na mobilidade urbana, acordadas polo Concello de Vigo, no marco da actual de crise sanitaria a causa do coronavirus, así como as derivadas polos traballos prospectivos previos ao comezo da construción do túnel, «demostraron que este proxecto carece de xustificación e necesidade para promover a efectiva peonalización da Porta do Sol». Así mesmo, o deseño licitado, coas súas dúas ramplas de acceso proxectadas, impedirá a extensión futura da peonalización á contorna do Paseo de Afonso XII, onde radica un dos principais miradoiros á Ría de Vigo, e á propia rúa Policarpo Sanz.

    Neste sentido, a formación nacionalista destaca o feito de que seis colectivos ecoloxistas (Greenpeace, Amigos dá Terra, Xuventude polo Clima-Fridays for Future, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Ecoloxistas en Acción-Galiza e Verdegaia) pronunciáronse pública e rotundamente en contra do citado túnel. «Todos eles sinalan que reducir o tráfico non pode pasar por construír novas infraestruturas para coches, se non por medidas como a mellora do transporte público, a creación dunha rede de carrís bici e promover activamente o tránsito peonil» sinalou o deputado.

    Nun manifesto conxunto, subscrito o pasado 27 de febreiro de 2020, e titulado «Vigo sen fumes», afirman ademais que «a peonalización [do eixo Elduayen – Porta do Sol] debería facerse pensando en baixar as emisións, debería ser efectiva, e non simplemente ornamental. «Os fumes baixo terra seguen sendo fumes e ademais, non é necesario soterrar os coches para lograr unha Porta do Sol peonil. Antes da construción do túnel, deberían estudarse outras alternativas menos lesivas» subliñou Rego.

    43

    Tags: BNG de VigoPorta do Sol

    RelacionadosArtículos

    Califican de «espejismo» y «grosera estafa política» toda la acción en vivienda del Gobierno de Caballero
    Local

    Califican de «espejismo» y «grosera estafa política» toda la acción en vivienda del Gobierno de Caballero

    03 de Feb, 2026
    El padrón de Vigo, un servicio «colapsado» y una «burocracia lenta, ineficaz y desesperante»
    Local

    El padrón de Vigo, un servicio «colapsado» y una «burocracia lenta, ineficaz y desesperante»

    02 de Feb, 2026
    Adiós al símbolo de la Navidad de Vigo: laboriosa tarea para desmontar el icónico árbol
    Local

    Adiós al símbolo de la Navidad de Vigo: laboriosa tarea para desmontar el icónico árbol

    30 de Ene, 2026
    Llueve en el interior del Centro de Educación Especial Saladino Cortizo
    Local

    Llueve en el interior del Centro de Educación Especial Saladino Cortizo

    29 de Ene, 2026
    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta
    Local

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    28 de Ene, 2026
    Se hace realidad la subida del 4% de los impuestos municipales para 2026: luz verde del Concello de Vigo
    Local

    Piden el cese de Rodríguez Calviño tras su citación como investigada por el accidente del Saltamontes

    22 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR