• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 10 de junio de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O BNG insta a Concello de Vigo e Xunta a actuar contra o “acoso” da Sareb na Privada Moderna

    A parlamentaria Alexandra Fernández e o concelleiro Xabier P. Igrexas esixen que o Goberno municipal intensifique as actuacións contra o chamado 'banco malo', tras manter un encontro coas seis familias afectadas
    Redacción por Redacción
    07 de Jun, 2022
    en Local
    0
    O BNG insta a Concello de Vigo e Xunta a actuar contra o “acoso” da Sareb na Privada Moderna

    Representantes do BNG coa veciñanza da rúa Privada Moderna. / Foto: BNG

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O Bloque Nacionalista Galego instou este martes ao Goberno municipal e á Xunta a tomar medidas para poñer fin ao “acoso inmobiliario” da Sareb contra seis familias da rúa Privada Moderna. A fronte nacionalista vén de trasladar varias iniciativas no Concello de Vigo e no Parlamento de Galicia, que se suman ás rexistradas no Congreso, para demandar unha solución urxente fronte as presións do chamado ‘banco malo’, participado de forma maioritaria polo Estado, contra estas veciñas e veciños do Calvario.

    “A Sareb estáse a comportar como o peor dos fondos voitre, negándose a acometer os arranxos necesarios nos inmóbeis para provocar un escenario de ruína que permita expulsalos das súas vivendas”, denunciou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que mantivo este martes xunto á deputada nacionalista no Parlamento galego, Alexandra Fernández, un encontro coa veciñanza afectada.

    Igrexas deu conta das actuacións realizadas polo Bloque na Xerencia Municipal de Urbanismo para pedir unha intervención municipal na problemática. En primeiro lugar, demandou que o Concello de Vigo se dirixa formalmente ao Goberno español para instalo a que adopte as medidas necesarias para que cese o acoso inmobiliario. O edil nacionalista demandou tamén intensificar as medidas coercitivas contra a Sareb, diante dos numerosos incumprimentos do ente coas resolucións de Urbanismo que, polo momento, se saldaron só cunha multa de mil euros. Por este motivo, chamou a iniciar os trámites para acometer a execución subsidiaria, realizando o Concello as obras necesarias para acondicionar os inmóbeis para remitir posteriormente a factura ao ‘banco malo’.

    “Non podemos permitir que este comportamento da Sareb se siga traducindo no abandono destas veciñas e veciños, a quen lle reiteramos hoxe o noso completo apoio”, expresou Igrexas. Durante a xuntanza coas familias afectadas, os representantes do BNG puideron constatar o grave deterioro das zonas comúns dos edificios e como están a ser desmantelados de forma paulatina pola propiedade.

    Transferencia da Sareb ao parque público de vivenda

    Pola súa banda, a deputada Alexandra Fernández reiterou a urxencia de que o Goberno español realice a transferencia das vivendas da Sareb á Xunta de Galiza, tal como se comprometeu hai un ano. “O Goberno galego tiña que estar xa reclamando que se faga efectiva esa cesión para incorporar estas vivendas ao parque público do Instituto Galego de Vivenda e Solo”, lamentou.

    Neste sentido, a deputada nacionalista criticou a actitude “pasiva” do Executivo galego do PP, malia ter as competencias en materia de vivenda. Ademais, solicitou que a Xunta actúe como mediadora e protectora destes inquilinos acosados. “Igual que se habilitou un teléfono de asesoramento para casos de ocupación de vivendas, pedimos que poña a disposición outro para atender estes casos de acoso inmobiliario”, propuxo.

    Fernández afeou o feito de que unha entidade como a Sareb, baixo capital e propiedade pública, non garanta tamén a función social do seu parque inmobiliario. “Estamos vendo casos por todo o País, de norte a sur, como en Ares ou Narón, incluso con cortes de subministros para botar aos veciños e veciñas”, advertiu.

    A deputada do BNG lamentou neste sentido que o Goberno español camiñe no sentido contrario. “Hai apenas unha semanas vén de ceder a xestión da Sareb a dous fondos voitre como Blackstone e KKR, que se caracterizan por un ‘modus operandi’ moi agresivo cara as persoas inquilinas”, subliñou.

    “Estas familias levan décadas vivindo aquí e teñen dereito a seguir no seu barrio, onde teñen as súas redes veciñais, sociais e afectivas, e non a ser expulsadas a outra parte da cidade cos prezos absolutamente indignos da vivenda que padecemos agora mesmo en Vigo”, remachou Fernández.

    Tags: BNGRúa Privada ModernaSareb

    RelacionadosArtículos

    El BNG propone un parque municipal de vivienda en Vigo con al menos 300 pisos
    Local

    El BNG propone un parque municipal de vivienda en Vigo con al menos 300 pisos

    19 de May, 2023
    El BNG promete reactivar el Área Metropolitana de Vigo para impulsar la economía y la calidad de vida
    Local

    El BNG promete reactivar el Área Metropolitana de Vigo para impulsar la economía y la calidad de vida

    12 de May, 2023
    Elecciones Municipales 2023 candidato nacionalista del BNG
    Local

    “O BNG de Vigo vai cara ao 28 de maio sen límites, con toda a ambición”

    07 de May, 2023
    El BNG defiende una «regeneración integral» de la ría de Vigo y la apuesta por la sostenibilidad ambiental
    Local

    El BNG defiende una «regeneración integral» de la ría de Vigo y la apuesta por la sostenibilidad ambiental

    04 de May, 2023
    El BNG exige retirar la indicación del área sanitaria de Vigo para atender urgencias pediátricas por teléfono
    Salud

    El BNG exige retirar la indicación del área sanitaria de Vigo para atender urgencias pediátricas por teléfono

    03 de May, 2023
    El BNG ve “prioritaria” la mejora ferroviaria de Vigo y tilda de “discriminación” la falta de cercanías
    Local

    El BNG ve “prioritaria” la mejora ferroviaria de Vigo y tilda de “discriminación” la falta de cercanías

    24 de Abr, 2023

    Más Vistos

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    por David Lorenzo
    06 de Jun, 2023
    0

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    por Redacción
    06 de Jun, 2023
    0

    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025

    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025

    por David Lorenzo
    07 de Jun, 2023
    0

    Las entradas para Castrelos se venderán “concierto a concierto”: Caballero duda del uso de las Pass Vigo

    Las entradas para Castrelos se venderán “concierto a concierto”: Caballero duda del uso de las Pass Vigo

    por Redacción
    09 de Jun, 2023
    0

    Estos son los horarios de entrada y los lugares de acceso para el concierto de Guns N’ Roses en Vigo

    por David Lorenzo
    09 de Jun, 2023
    0
    Estos son los horarios de entrada y los lugares de acceso para el concierto de Guns N’ Roses en Vigo
    Música

    La organización del concierto de Guns N’ Roses en Vigo ha activado la “cuenta atrás” para la actuación que el

    Leer mas

    Vitrasa pondrá tres lanzaderas para regresar del concierto de Guns N’ Roses en Balaídos

    por David Lorenzo
    09 de Jun, 2023
    0
    Vitrasa pondrá tres lanzaderas para regresar del concierto de Guns N’ Roses en Balaídos
    Música

    Tal y como ocurrió el año pasado con la visita de Muse a Balaídos, Vitrasa activará un servicio especial con

    Leer mas

    Las entradas para Castrelos se venderán “concierto a concierto”: Caballero duda del uso de las Pass Vigo

    por Redacción
    09 de Jun, 2023
    0
    Las entradas para Castrelos se venderán “concierto a concierto”: Caballero duda del uso de las Pass Vigo
    Música

    Queda menos de un mes para que la música vuelva a sonar en el auditorio de Castrelos y poco –o

    Leer mas

    A Laxe inicia una reforma radical: cambio de color, más luz, pantallas gigantes y vistas a la ría

    por Redacción
    08 de Jun, 2023
    0
    Reforma A Laxe
    Local

    El Centro Comercial A Laxe sigue avanzando en la etapa de reposicionamiento que ha iniciado de la mano de Optima

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR