• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 19 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O BNG desprega no Berbés unha bandeira xigante de Galicia

    A fronte nacionalista organiza unha programación como prólogo do Día da Patria Galega: un acto político co portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, actividades culturais e carpas informativas cara a manifestación nacional en Compostela o 25 de xullo
    Redacción por Redacción
    16 de Jul, 2022
    en Local
    0
    O BNG desprega no Berbés unha bandeira xigante de Galicia
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O Bloque Nacionalista Galego vén de despregar este sábado no Berbés unha bandeira xigante de Galicia como punto de inicio da VI edición da Semana da Patria Galega en Vigo organizada pola fronte nacionalista e a organización xuvenil Galiza Nova.

    Con esta acción simbólica —parte da campaña nacional do BNG baixo o lema ‘Gañarnos o futuro. Unha nova Galiza en Marcha’— as nacionalistas invitan a participar nos próximos días na cidade dunha programación na que destacan un acto político co portavoz no Congreso, Néstor Rego, e distintas actividades culturais e carpas informativas como prólogo do 25 de xullo, data na que chaman a asistir á manifestación nacional convocada en Compostela.

    «Precisamos un novo marco político que permita tomar as nosas propias decisións, ser donos dos nosos recursos, poñelos ao servizo da nosa sociedade e evitar que esta crise a paguemos os de sempre, as familias, as e os traballadores, as e os autónomos e as Pemes», subliñou a deputada nacionalista e responsable local, Carmela González, que convocou «a todas as persoas que queren unha saída xusta, social e galega desta crise económica» a participar das actividades e da manifestación programadas polo BNG.

    «Cada vez son máis galegas e galegos os que se achegan ao BNG, que saben que somos a forza capaz de poñer unha nova Galiza en marcha», defendeu González, que destacou o lugar elixido nesta edición para iniciar a Semana da Patria Galega na cidade. «Unha Praza do Berbés que simboliza o Vigo mariñeiro, o Vigo traballador que queremos as viguesas e os vigueses», salientou.

    Pola súa parte, a responsábel comarcal de Galiza Nova, Iria Custodio, asegurou que «a mocidade galega sofre día a día as consecuencias de pertencer a unha nación sen Estado». Por iso, a voceira da organización xuvenil pediu «reivindicar a nosa identidade, lingua e cultura e loitar por unha mellora dos dereitos do pobo galego» en todos os espazos posíbeis, desde o traballo, as aulas, as rúas ou as redes sociais.

    Como parte da programación da VI Semana da Patria Galega, o BNG e Galiza Nova organizan distintas actividades políticas e culturais en Vigo:

    Andaina pola ‘Ruta dos fuxidos do Maúxo’  –  domingo 17 de xullo

    Un roteiro para coñecer e percorrer as historias das persoas fuxidas tras o golpe fascista do ano 36 nas parroquias de Coruxo, Saiáns e San Miguel de Oia, así como poñer en valor elementos patrimoniais e etnográficos da zona.

    Estará guiado polo historiador Bernardo Vázquez Acuña, con saída ás 10 horas do parque forestal de San Miguel de Oia.

    Charla ‘As mulleres no nacionalismo’ – martes 19 de xullo

    Galiza Nova organiza unha palestra para reivindicar o papel das mulleres na historia do nacionalismo a cargo da ex-deputada do BNG, Carme Adán, e da responsábel de Galiza Nova na comarca de Vigo, Iria Custodio.

    Terá lugar na Libraría Cartabón (rúa Urzáiz, 125) a partir das 20 horas.

    Acto Público con Néstor Rego – xoves 21 de xullo

    O portavoz nacionalista no Congreso, Néstor Rego; o responsábel do BNG na comarca de Vigo, Manuel Caride; a concelleira nacionalista en Redondela, Jessica García; e o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, intervirán nun acto político para reivindicar a soberanía de Galiza e o compromiso social da fronte en favor das clases populares e traballadoras.

    Decorrerá na Praza de Compostela (Alameda) en Vigo, á altura do monumento a Curros Enríquez, ás 20 horas.

    Carpas informativas

    Aliás, a fronte nacionalista desenvolverá diferentes accións de rúa e instalará carpas informativas na Praza do Emigrante (luns 18 de xullo ás 19 horas) e no Mercado do Calvario (venres 22 de xullo ás 11 horas).

    Tags: BNG de Vigo

    RelacionadosArtículos

    Denuncian vertidos al río en Vigo y señalan a los sondeos para el nuevo túnel a O Porriño
    Local

    El BNG pide explicaciones a Xunta y Concello por los vertidos a los ríos Barxa e Eifonso

    08 de Ago, 2022
    O BNG propón a gratuidade do Vitrasa para menores de 14 anos e persoas desempregadas
    Local

    O BNG propón a gratuidade do Vitrasa para menores de 14 anos e persoas desempregadas

    01 de Ago, 2022
    Justicia y dolor por el ‘Villa de Pitanxo’: las familias piden bajar al pecio y «no tapar la verdad»
    Local

    O BNG de Vigo preguntará a Caballero que xestións realizou sobre o ‘Villa de Pitanxo’

    24 de Jul, 2022
    «As luces de Nadal van alumear moitos comercios pechados e empregos destruídos», advirte o BNG
    Local

    O BNG de Vigo propón un Bono de Consumo para axudar ás familias e ao comercio local

    13 de Jul, 2022
    O BNG de Vigo reclama máis peonalizacións como a do Calvario e menos como as de Caballero
    Local

    O BNG de Vigo reclama máis peonalizacións como a do Calvario e menos como as de Caballero

    10 de Jul, 2022
    O BNG chama a actuar contra os “preocupantes” problemas de ruídos en Vigo
    Local

    O BNG chama a actuar contra os “preocupantes” problemas de ruídos en Vigo

    01 de Jul, 2022

    Más Vistos

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    por Redacción
    08 de Ago, 2022
    0

    Dos halagos y un reproche al «escándalo» de Raphael en Castrelos

    Dos halagos y un reproche al «escándalo» de Raphael en Castrelos

    por Raquel F. Novoa
    16 de Ago, 2022
    0

    La calle más cara de Galicia para comprar casa está en Vigo: 1,6 millones de media

    La calle más cara de Galicia para comprar casa está en Vigo: 1,6 millones de media

    por EFE
    18 de Ago, 2022
    0

    Por qué Dani Martín debe a Vigo que existiera El Canto del loco

    Por qué Dani Martín debe a Vigo que existiera El Canto del loco

    por Raquel F. Novoa
    18 de Ago, 2022
    0

    Excarcelan a un conductor que resultó herido grave tras volcar su coche en Baiona

    por Redacción
    18 de Ago, 2022
    0
    Excarcelan a un conductor que resultó herido grave tras volcar su coche en Baiona
    Baiona

    Un conductor tuvo que ser excarcelado por los bomberos en Baiona después de verse involucrado en un accidente de tráfico,...

    Leer mas

    Por qué Dani Martín debe a Vigo que existiera El Canto del loco

    por Raquel F. Novoa
    18 de Ago, 2022
    0
    Por qué Dani Martín debe a Vigo que existiera El Canto del loco
    Música

    La constelación de linternas centelleaba en el graderío antes aún de que un Dani Martín a contraluz avanzara hasta el...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR