O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, trasladoulle onte á portavoz do alumnado, Norka Pérez, o apoio da formación nacionalista e ten previsto manter unha xuntanza con varios representantes a inicios desta semana. Pérez Igrexas denunciou a «política de desmantelamento» que, na súa opinión, está a practicar o actual Goberno municipal cun centro formativo «referencial para a cidade» como é a EMAO. O candidato reclamou á Concellaría de Educación que «rectifique e atenda de inmediato as reivindicacións do alumnado garantindo a impartición do curso de luhería antiga». Aliás, lamentou a «absoluta falla de respeito e consideración cunha disciplina, a luthería antiga, que supón unha aposta decidida por revitalizar o noso patrimonio cultural e musical».
Desde a fronte nacionalista demandan que «se consolide e alargue a oferta formativa da Escola Municipal de Artes e Oficios en lugar de retallala», para o que urxen á consolidación do persoal docente, na súa maioría en situación de eventualidade.
Igrexas adheriuse tamén á campaña de denuncia iniciada polo alumnado asinando a súa petición na plataforma Change.org (https://bit.ly/2B2yWsA) e fai un chamamento ao conxunto da veciñanza a «sumarse para evitar que sigan afogando a EMAO»