“Oito de cada dez estudantes quéixanse de ter unha moi mala conexión para acudir cada mañá a aulas en transporte colectivo, máis da metade do estudantado ten que realizar viaxes de máis de media hora e un 70% deber realizar como mínimo un transbordo”, apuntou Xabier P. Igrexas, candidato á Alcaldía de Vigo.
Desde o BNG entenden que é necesaria unha aposta decidida por un transporte público de calidade, e unha mellora substancial en aspectos como a conexión cos centros de ensino do Meixoeiro, “resolvendo así as malas frecuencias, as pésimas conexións, os autobuses saturados en hora punta e a inexistencia de lanzadeiras”, unha situación que, en palabras do candidato do Bloque, “se ve vive tamén a diario nos enlaces da cidade coa universidade”.
Recollendo así as demandas do estudantado, o candidato do BNG ás eleccións municipais de 2019, esixe ao goberno municipal “un verdadeiro plan de transporte colectivo para Vigo que recolla a redución do bono estudantil na actualidade cun prezo de 0,89 euros, equiparándoo ao bono universitario de 0,67 euros, e que incentive o uso do transporte colectivo”.