• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 12 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    transporte

    O BNG de Vigo solicita un expediente sancionador contra Vitrasa por irregularidades no servizo

    A empresa concesionaria informou de que este martes produciuse un novo ataque vandálico a un autobús de Vitrasa
    Redacción por Redacción
    21 de Dic, 2021
    en Local
    0
    O BNG de Vigo solicita un expediente sancionador contra Vitrasa por irregularidades no servizo

    Ataque a autobús. / Foto: Vitrasa

    O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar a apertura dun expediente sancionador contra Vitrasa ante o que considera «graves incumprimentos e irregularidades» no servizo de bus urbano de Vigo. A fronte nacionalista reclama que o goberno local tome medidas polos «recortes de liñas aplicado unilateralmente pola empresa aproveitando a folga, así como polos servizos mínimos, que foron declarados xudicialmente como ilegais por abusivos, o incumprimento dos tempos de descanso do persoal condutor e a existencia de contratos laborais irregulares».

    Así o anunciou publicamente o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após manter un encontro este martes co Comité de Empresa da concesionaria. «Esiximos que o goberno de Abel Caballero pase da complicidade con Vitrasa a se colocar do lado da cidade e atender as lexítimas e razoábeis reivindicacións do persoal», manifestou en rolda de prensa Igrexas, que reiterou a solicitude de que o Concello convoque unha reunión entre a dirección da empresa e a representación sindical para procurar unha saída acordada que, opinión do Bloque, só «pode pasar porque Vitrasa rectifique e respecte as demandas do persoal».

    Igrexas criticou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, se negue a recibir o Comité de Empresa e se «esconda de maneira covarde» cando «presume de que fala todo o tempo con todo o mundo». O concelleiro nacionalista recordou que este non é un conflito privado, como defende o rexedor, ao falarmos dun servizo de titularidade municipal no que cada ano o Concello inxecta 13 millóns de euros das viguesas e vigueses para bonificar as tarifas.

    Recortes e suspensión de liñas

    Segundo datos facilitados pola representación sindical durante o encontro, Vitrasa acortou os percorridos das liñas 7, 8, 9A e 10, así como a suspensión das liñas C2 e 24. Decisións que prexudican gravemente á veciñanza, nomeadamente dos barrios e parroquias. «Non sabemos se estes recortes, que deixan a moitas viguesas e vigueses sen servizo de bus urbano, contan ou non con autorización municipal, pero desde logo están inxustificados», valorou Igrexas.

    Igrexas volveu subliñar a «grave vulneración dos dereitos das traballadoras e traballadores» por parte do Goberno municipal por insistir nos actuais servizos mínimos, malia ter sido declarados pola xustiza como ilegais por abusivos.

    O comité de empresa sinalou as contratacións ilegais que a dirección de Vitrasa ten realizado durante este período para «reventar» o dereito fundamental de folga. «Uns incumprimentos que son de coñecemento claro por parte do goberno de Abel Caballero e fronte aos que non ten adoptado até o momento ningunha medida», asegurou o portavoz das nacionalistas na cidade.

    «Necesitamos que o Concello medie porque o conflito ten que solucionarse. A empresa está moi cómoda sen dar pasos e a única alternativa que temos é que actúe o alcalde de Vigo», dixo pola súa parte o presidente do comité de empresa, Imanol Arnoso, dado que a dirección de Vitrasa, aclarou, non contacta coa representanción sindical desde hai máis de dez días.

    Descansos insuficientes

    A representación sindical de Vitrasa reiterou o incumprimento continuado dos descansos fixados por lei durante as xornadas laborais. Igrexas censurou que non se respecten estas pausas e que se computen os minutos que o autobús para no inicio de cada liña. Unha situación que afecta tanto a saúde laboral do persoal coma a seguridade das propias persoas usuarias do servizo. «Falamos do descanso de persoas que conducen autobuses que van cheos de xente con xornadas de como mínimo 10 horas ao día», explicou.

    «Sorprende que un goberno que se di progresista, liderado por unha forza que leva a palabra obreiro nas súas siglas e que está integrado por dúas persoas que foron secretarios comarcais de dous sindicatos, actúe deste xeito diante das esixencias do persoal de Vitrasa», remachou o edil do BNG.

    Novos ataques

    Pola súa banda, a empresa concesionaria informou de que este martes produciuse un novo ataque vandálico a un autobús de Vitrasa. Os feitos tiveron lugar esta mesma mañá, cando un autobús que se estaba a incorporar a liña C3 foi atacado na Avenida de Redondela. As 6:00 horas aproximadamente, dous encapuchados pararon o autobús nun paso de cebra e realizaron diferentes pintadas no exterior do vehículo, ademais de romper o limpaparabrisas.

    Estes feitos deixaron totalmente inmobilizado o bus, que non puido continuar co servizo. Nese momento, non se atopaban viaxeiros a bordo. Con este xa suman 13 actos violentos en autobuses urbanos, aos que hai que engadir a colocación de cravos camuflados en paradas, rotura dun WC destinado ao persoal de condución en ruta e graves intimidacións a unha condutora que realizaba o servizo, segundo asegura a empresa.

    «Ante estas accións de alta gravidade, Vitrasa interpuxo as correspondentes denuncias por supoñer feitos constitutivos de delito. Recordamos que o persoal de condución de Vitrasa conta coas mellores condicións salariais e laborais de cantos convenios de empresas de transporte de viaxeiros hai en Galicia», engade a concesionaria.

    43

    Tags: Comité de empresaHuelgaTransportevitasa

    RelacionadosArtículos

    Momentos de tensión en la protesta de trabajadores de Amazon, en huelga por las condiciones «indignas»
    O Porriño

    Momentos de tensión en la protesta de trabajadores de Amazon, en huelga por las condiciones «indignas»

    23 de Dic, 2025
    Comprar acciones en 2021: cómo invertir en Amazon
    O Porriño

    Amazon responde a la convocatoria de huelga defendiendo las condiciones laborales que ofrece

    19 de Dic, 2025
    UGT denuncia ante la Inspección de Trabajo “graves irregularidades” laborales de Amazon en O Porriño
    O Porriño

    Una huelga en Amazon en víspera de Nochebuena que amenaza el reparto de Papá Noel

    18 de Dic, 2025
    Renfe y Comboios de Portugal ofrecen 12.600 plazas a 5,25 euros para viajar entre Vigo y Oporto
    Local

    El Tren Celta vuelve a la normalidad: «Un servicio raquítico con un tren obsoleto»

    17 de Dic, 2025
    Marchas fúnebres por la educación pública
    Actualidad

    Marchas fúnebres por la educación pública

    15 de Dic, 2025
    Stellantis plantea un ERE voluntario en la factoría de Vigo para 90 trabajadores
    Economía

    Stellantis Vigo prorroga el ERTE para 2026 con un máximo de 75 jornadas de suspensión por trabajador

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos
    Más Vigo

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos

    Hace años que el aeropuerto de Peinador se enfrenta a una variada y espinosa competencia: por una parte, los demás...

    por Julio Alonso
    10 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ
    Libros

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Fátima Rodríguez Carrera logrou o segundo premio do I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ co seu relato «Pequeno busca fogar»....

    por Redacción
    11 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR