• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 29 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG aposta por un «Vigo verde» e pon o obxectivo da «reconciliación da cidade co seu pulmón forestal»

    O candidato dos nacionalistas á alcaldía, Xabier P. Igrexas, mantivo un encontro con representantes das Comunidades de Montes da cidade
    Redacción por Redacción
    12 de Oct, 2018
    en Local
    0
    O BNG aposta por un «Vigo verde» e pon o obxectivo da «reconciliación da cidade co seu pulmón forestal»

    Pérez Igrexas, que estivo acompañado polo responsábel local da formación nacionalista, Serafín Otero, e polo ex concelleiro Henrique Vieitez, debullou as liñas básicas sobre as que o Bloque aspira a desenvolver un programa integral para a recuperación do monte e a súa posta en valor tanto nos planos ambiental, económico e social. O candidato defendeu a necesidade de avanzar cara unha visión «integral» do monte, que loite contra a súa fragmentación, estabelecendo programas con actuacións estábeis e duradeiras sobre unha planificación de longo prazo.

    Igrexas demandou dotar de máis recursos técnicos e materiais a xestión do monte, e apostou na posta en marcha de iniciativas destinadas a diversificar o aproveitamento dos recursos forestais, promover a biodiversidade, protexer o patrimonio cultural e acrecentar o «uso social» do monte. «A nosa aposta por un Vigo verde pasa pola urxente necesidade de reconciliar a cidade non só coa súa faixa litoral senón tamén co seu pulmón forestal», explicou. Para o candidato nacionalista «un monte con futuro require poñer en marcha tamén proxectos de investigación e innovación».

    En resumo, a aposta do BNG é «entender o monte como unha cuestión de cidade». «O monte ten que deixar de ser visto como un ‘problema’ das comunidades de montes, senón como unha tarefa de todos e de todas, das administracións públicas e tamén da cidadanía», enfatizou Igrexas.

    No encontro foi unánime a denuncia da falla de apoio e implicación da Xunta de Galicia co monte. Nese sentido, Igrexas criticou que ademais de «falta de recursos e dunha pésima xestión o problema real é que a Xunta do Partido Popular non ten vontade política para defender o monte galego, todo o contrario, como demostra a revisión do Plan Forestal que promoven e que insiste nun modelo de monte insostíbel e pirófito».

    Emporiso, o candidato do BNG considera «imprescindíbel» aumentar o apoio do Concello de Vigo ás Comunidades de Montes en Man Común, por ser entidades que prestan un «servizo público de grande importancia xestionando o monte para o poñer ao servizo de todos os viguesas e todas as viguesas». No concreto, volveu demandar que se eleve a partida orzamentaria dedicada ao Plan Municipal de Emprego até os 3 millóns de euros, tal e como reclamou a formación nacionalista nos últimos anos a través das súas emendas aos orzamentos municipais. «Grazas ao Plan Municipal de Emprego que impulsou o BNG en 2012 as Comunidades de Montes comezaron a recibir apoio económico, pero despois da brutal vaga de lumes do ano pasado que afectou un terzo da superficie forestal da cidade hai que aumentar substancialmente esa axuda e estabilizala para que se poidan poñer en marcha programas e actuacións durante todo o ano e non apenas durante uns meses», defendeu Igrexas.

    O Bloque partilla a reivindicación da Mancomunidade de Montes de Vigo de reforzar o papel das comunidades e tamén recoñecer o seu papel como interlocutor a nivel institucional. «É evidente que unha entidade que representa algo tan importante como o monte ten que estar presente nos organismos consultivos do Concello, a principiar polo Consello Social da Cidade».

    A poucos días de se celebrar o fatídico aniversario da vaga de lumes de outubro de 2017, Xabier P. Igrexas urxiu o Concello de Vigo a poñer en marcha medidas que aumenten a protección do monte. Neste sentido, o candidato nacionalista expresou o seu apoio á proposta da Mancomunidade de Montes de crear «liñas de defensa» nos lindes exteriores do monte, especialmente no sur da cidade, e que se complementen co proxecto de anel verde. «Hai que anticipar a defensa do monte fronte ao lume, non só para evitar que poña en risco as vivendas senón para protexer a súa masa forestal», razoou. Por outra parte, a fronte nacionalista demandou que se colabore coas comunidades de montes para as dotar de máis medios propios que faciliten o combate do lume, como a posíbel instalación de depósitos de auga.

    Igrexas lamentou que un ano despois o Goberno municipal non teñan feito «absolutamente nada» para revisar os dispositivos e planos de emerxencia fronte ao lume na cidade. «Hai un ano comprobamos como tivo que ser o compromiso heroico da veciñanza o que nos permitiu frear o lume, por iso é incomprensíbel que non se teña posto en marcha un plan de continxencia específico para os lumes forestais dentro do termo municipal de Vigo», criticou.

    43

    RelacionadosArtículos

    Alquileres más caros que en el mercado libre, la denuncia de la Xunta sobre las viviendas de Casa 47 en Vigo
    Local

    Alquileres más caros que en el mercado libre, la denuncia de la Xunta sobre las viviendas de Casa 47 en Vigo

    28 de Ene, 2026
    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio
    Ponteareas

    Tras meses de conflicto laboral, la concesionaria del SAF de Ponteareas renuncia al servicio

    28 de Ene, 2026
    Barrio do Cura va más allá de las viviendas de lujo: la nueva escuela infantil tendrá una planta y cubierta ajardinada
    Local

    Barrio do Cura va más allá de las viviendas de lujo: la nueva escuela infantil tendrá una planta y cubierta ajardinada

    28 de Ene, 2026
    Fallece a los 55 años la viguesa Susi Seoane, «ejemplo de lucha, dignidad y compromiso» con la ELA
    Nigrán

    Fallece a los 55 años la viguesa Susi Seoane, «ejemplo de lucha, dignidad y compromiso» con la ELA

    28 de Ene, 2026
    La Xunta urge al Concello de Vigo la entrega de los viales de la ETEA para su urbanización
    Local

    Vigo valida el convenio de la ETEA ocho meses después de obtener el visto bueno de la Xunta

    28 de Ene, 2026
    Local

    La competición oficial de drones en interior transformará A Laxe con un innovador espectáculo

    28 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Concierto solidario de la Coral Casablanca
    Más Vigo

    Concierto solidario de la Coral Casablanca

    Es preciso darle amplia difusión al concierto solidario que ha organizado la Coral Casablanca, de Vigo. La gala será a...

    por Julio Alonso
    28 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Antolín Alcántara presenta en Vigo su crónica de la infancia bajo el franquismo
    Libros

    Antolín Alcántara rinde tributo a la memoria colectiva en Évame Oroza

    La literatura gallega vuelve a citarse con la historia reciente en el corazón de Vigo. Este 28 de enero, a...

    por Redacción
    27 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR