A obra, que foi visitada este luns por representantes do Concello, rexistra historias de vida de mulleres de relevancia. As tres caras que recolle este mural son de mulleres reais, dúas vítimas de violencia machista e unha campioa de boxeo.
‘Expostas’ forma parte das actividades complementarias da terceira edición do Programa Municipal de Medianeiras e Arte Urbana, que incluíu murais en seis colexios, obradoiros para nenos, concertos e xornadas sobre arte urbana. ‘Vigo, Cidade de Cor’ se recolle tamén nunha web con todos os murais, localizacións e información sobre os autores tanto desta como das edicións anteriores.
A terceira edición do programa conta cun investimento próximo ao medio millón de euros e supón a conversión en arte dunha quincena de medianeiras máis. A previsión contempla rematar o seu pintado a mediados deste mes e dotalas dunha capa de protección que tamén se está a aplicar nas xa realizadas nos dous anos pasados. O próximo ano haberá unha nova edición do programa para decorar outras quince ou vinte medianeiras máis.
Inversión en igualdade
O Concello de Vigo dedica este ano case un millón de euros a asuntos relacionados coa igualdade. O servizo de canguros conleva unha partida de 150.000 euros, o centro de emerxencia supón 250.000 euros de investimento municipal.
Pola súa banda, o Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades recibe 160.000 euros, mentres que outros 140.000 euros van á promoción da igualdade e do deporte feminino. Ademais, 75.000 euros achéganse para o apoio á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos.