O alcalde de Vigo avanzou que lle enviará «a segunda e última» carta ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, reclamando o tren de alta velocidade para Vigo. Un día despois de que o titular de Fomento visitara as obras que «farán chegar o AVE a unha parte de Galicia», Caballero censurou ao responsable do Executivo Central por non mencionar a conexión por alta velocidade «coa zona máis poboada e industrialmente máis poderosa de Galicia». En declaracións aos medios, Caballero estendeu as súas críticas ao presidente da Xunta «ao que nunca escoita falar do AVE a Vigo».
Cualificou de «despropósito» a posta en marcha dunha liña de alta velocidade que, desde Vigo, obrigue ir a Santiago para dirixirse a Madrid e advertiu de que a partir desta misiva ao ministro, «a cidade iniciará a súas accións para facer oír a súa voz».