Abel Caballero manterá «dous o tres» reunións máis con distintos colectivos da cidade e, a continuación, convocará o Consello Social para esixir a conexión do tren de alta velocidade Vigo-Madrid por Cerdedo. Na súa opinión, na reunión que mantiveron onte en Madrid o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, «só se falou do AVE do norte de Galicia, do do sur, non se falou nada. Deixaron fora á provincia de Pontevedra a a parte da de Ourense, que non debemos ser de Galicia». O ministro de Fomento, dixo, non se referiu á conexión de Vigo co tren de alta velocidade, máis alá de confirmar que a declaración de impacto ambiental está en tramitación. O alcalde negou este extremo e dixo que ese trámite ambiental, que leva 5 anos en marcha, «está detido nun caixón por parte dos ministros de Fomento e Medio Ambiente, coa complicidade de Feijóo». Cualificou esta ausencia de «inadmisible desde esta cidade» e insistiu que o nexo para ligar co norte de Portugal é estratexicamente determinante».
O rexedor tamén se referiu «ao paso atrás importantísimo» que recibiu o proxecto da estación do AVE logo durante esta mesma reunión, na que, a instancias da Xunta, paralizaron a adxudicación das obras «a expensas dunha tramitación urbanística para unha estación de autobuses que nin sequera ten proxecto». Tal e como engadiu, a estación de alta velocidade de Vigo poder ser adxudicada porque hai so un solicitante que cumpre todos os requisitos e a «retrasan sine die» porque esta tramitación aínda non comezou logo de sete anos de suposta posta en marcha.