O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este martes á Avenida Alcalde Gregorio Espino, onde o goberno que encabeza está a executar a segunda fase da humanización do vial, que comprende da Travesía Pino á rúa San Roque.
O Concello de Vigo adica á reforma 400.000 euros, explicou Abel Caballero. A humanización modernizará tanto a superficie como as redes de servizos soterradas, con medio quilómetro de novas redes de abastecemento de agua, saneamento e pluviais. O alcalde asegurou que toda a avenida será humanizada e que no tramo inicial xa se leva investido un millón de euros.
O rexedor vigués apuntou que a remodelación leva aparellada a «cobertura artística» da entrada do túnel, unha obra protagonizada por un polbo e que presenta «singularidades» na visión segundo a perspectiva.