• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 30 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O 58% do alumnado da Universidade de Vigo sufriu acoso por Instagram pero só o 17% denunciou

    Así se desprende dunha das investigacións presentadas na cuarta edición de ‘Hackeando o patriarcado’. O reitor e a presidenta da Deputación alertaron dunha onda antifeminista e negacionista en redes sociais
    Redacción por Redacción
    02 de Nov, 2022
    en Local
    0
    O 58% do alumnado da Universidade de Vigo sufriu acoso por Instagram pero só o 17% denunciou

    Representantes da Uvigo e a Deputación difunderon os datos este mércores. / Foto: Deputación de Pontevedra

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O 58% do estudantado da Universidade de Vigo sufriu acoso algunha vez a través de Instagram, pero apenas o 17% denunciou. Estas son algunhas das conclusións dunha investigación presentada no marco da cuarta edición do workshop ‘Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado’, que impulsan a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo e que se celebrou este mércores no edificio Redeiras.

    A investigación destaca que a maioría das vítimas son mulleres, que experimentaron as consecuencias da violencia machista a través das accións de homes que actuaban sos (no 51% dos casos) ou en grupo. O informe tamén destaca que o 47% recibiu imaxes sexuais non desexadas. Porén, a reacción máis común á misoxinia dixital é ignorala (no 53% das situacións), en lugar de denunciala (17%) ou enfrontala (8%). Os autores deste estudo son o profesor da UVigo Xabier Martínez Rolán, as profesoras da Universidade da Coruña María Teresa Piñeiro Otero e Laura Castro-Souto e as profesoras e o profesor da Complutense de Madrid G. Padilla-Castillo, Almudena Barrientos-Báez e David Caldevilla.

    Esta é unha das catro investigacións que se presentaron no transcurso deste workshop e que se desenvolveron ao abeiro da Cátedra de Feminismo 4.0 que impulsan a Deputación de Pontevedra e a UVigo. Ademais de avanzar os resultados destes estudos, no transcurso da xornada tiveron lugar conferencias e mesas redondas nas que interviñeron expertas dos ámbitos do xénero, a socioloxía ou a antropoloxía social e cultural, entre outros eidos. Este ano o lema do workshop é ‘Novos aparatos ideolóxicos: o patriarcado de vixilancia’ e centrouse en reflexionar sobre as novas estratexias ideolóxicas patriarcais para perpetuarse a través da misoxinia dixital organizada, o que se coñece como manosfera, machoesfera ou manhood, que está a actuar como un novo aparato ideolóxico do patriarcado.

    Os encargados de inaugurar esta cuarta edición de ‘Hackeando o patriarcado’ foron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, que puxeron en valor o papel da  Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada por ambas institucións para promover a igualdade, a non discriminación e a accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información.

    Na súa intervención, o reitor recoñecíase como unha persoa “máis optimista que realista, porque eu pensaba que coa racionalidade e o respecto chegaría para construír unha sociedade máis xuta e feminista, pero o monstro ten moitas cabezas”, algunhas visibles, apuntaba, pero outras agochadas, “escondidas nas redes e nos discursos de odio”, o que obriga a “seguir loitando e pelexando cada día para conseguir esa sociedade máis xusta”. Reigosa agradeceu a Carmela Silva o compromiso da Deputación con actividades como este workshop “que son extraordinariamente relevantes porque, se ben o discurso xeral se vai pouco a pouco tinxindo de morado, si é certo que aínda hai moitos recunchos onde non chega o discurso da igualdade e onde se poden ler e escoitar mensaxes absolutamente denigrantes”.

    A presidenta da Deputación, pola súa banda, trasladou as súas felicitacións á Universidade de Vigo por traballar “a prol da igualdade, con rigor e con análise e promovendo estudos, poñendo datos á realidade e amosando a verdade do que denunciamos e tamén do que propoñemos para cambiar esa realidade”. Neste sentido, recalcou, a Cátedra de Feminismos 4.0 é unha “extraordinaria idea” nunha “era dixital” na que as mulleres “loitan por empoderarse” no mesmo espazo no que o machismo “busca seguir atacando e discriminando” as mulleres.

    Silva alertou de que estes ataques se realizan de xeito organizado e tratan de xerar un pensamento machista que chegue “especialmente á mocidade”. Amosouse “seriamente preocupada” e destacou que son as administracións públicas as que deben “establecer normas, instrumentos e medios para facer fronte ao que acontece nas redes sociais”, porque de igual xeito que existen normas para que no “mundo tradicional da comunicación non se poida atacar desta forma terrible ás mulleres”, cómpre poñer en marcha mecanismos para que isto tampouco suceda na contorna dixital. Silva tamén puxo o foco no que poida suceder en Twitter nesta nova etapa con Elon Musk á cabeza, “que aparte de ter un pensamento fascista, vai sobre todo contra as mulleres” e a plataforma corre o risco de converterse nun espazo “antidemocrático, porque todo o que ataca á metade do mundo é antidemocrático”.

    Relatoras e investigacións presentadas

    A encargada de abrir esta cuarta edición do workshop da Cátedra Feminismos 4.0 foi Remedios Zafra, Premio Anagrama de Ensaio 2017 e Premio Internacional Ensaio Jovellanos 2022, que se abordou no patriarcado e capitalismo dixital. O seguinte relatorio, sobre pornografía en liña e o seu impacto na educación sexual das e dos menores, correu a cargo de Mónica Alario Gavilán, autora de ‘Política sexual da pornografía. Sexo, desigualdade, violencia’ da Editorial Cátedra.

    Posteriormente desenvolveuse unha mesa redonda coa participación de Elisa García Mingo, profesora do Departamento de Socioloxía: Metodoloxía e Teoría da Universidad Complutense de Madrid; Elena Alfageme, historiadora e antropóloga feminista, responsable de xénero de InteRed; María Teresa Piñeiro Otero, profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña e autora de numerosos textos en publicacións académicas sobre comunicación radiofónica e sonora; e Alba Alonso Feijoo, autora do blog Realkiddys e diversos libros. As catro expertas abordaron temas como a manosfera española e a onda antifeminista; a loita fronte os discursos negacionistas machistas no mundo dixital; as violencias dixitais contra as mulleres xornalistas e as correntes machistas no eido dixital.

    O workshop compleméntase, como vén sendo habitual en anteriores edicións, cun obradoiro de ciberactivismo feminista, que terá lugar na Facultade de Comercio de Comercio en modalidade presencial impartido por 7H Cooperativa Cultural.

    Xunto co estudo sobre a toxicidade e as violencias machistas en Instagram, na web da Cátedra Feminismo 4.0 poden consultarse outras catro investigacións apoiadas pola Cátedra nesta edición, entre elas, ‘As que están e as que marcharon: as mulleres e migracións na industria do videoxogo’; ‘Carapuchiña e a pantalla feroz: identidades de xénero nas redes sociais’; ‘Unha mirada feminista á alborada da ciencia climática: Pescuda, interpretación, valoración e réplica dos experimentos e achegas de Eunice Newton Foote en 1856’ e ‘Identificación automatizada de comentarios sexistas en las redes sociais, mediante técnicas de IA. Taller demostrativo en institutos de secundaria del área de Pontevedra’.

    Tags: Instagramredes socialesUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo estrea bolsas de desprazamento para alumnado que realiza prácticas curriculares
    Local

    A UVigo estrea bolsas de desprazamento para alumnado que realiza prácticas curriculares

    29 de Mar, 2023
    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional
    Local

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional

    24 de Mar, 2023
    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia
    Local

    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    22 de Mar, 2023
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3
    Local

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    21 de Mar, 2023
    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología
    Local

    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología

    17 de Mar, 2023
    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus
    Local

    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    16 de Mar, 2023

    Más Vistos

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local

    Inauguración en Camelias con música, baile y muchas caras conocidas

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0

    Esta fotografía corresponde a la ciudad de Vigo, pero no se trata de una zona rural, sino de una zona urbana rodeada de calles muy transitadas, una zona próxima a grandes plazas.

    En el medio de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    25 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0

    Esta imagen resulta bastante habitual en la ciudad de Vigo. Los conductores se saltan las normas con enorme facilidad y no pasa absolutamente nada.

    En Vigo todo vale

    por Julio Alonso
    26 de Mar, 2023
    0

    Cinco planes de última hora para viajar desde Vigo en Semana Santa

    por Redacción
    28 de Mar, 2023
    0
    Lagoa das Sete Cidades, São Miguel, Azores.
    Viajes

    La Semana Santa ya está ahí y aunque lo de encontrar “chollos” de última hora está complicado, aún se puede

    Leer mas

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0
    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”
    Local

    Hacía ya tiempo que Mayra buscaba una oportunidad para tener su propio negocio y la suerte quiso que su destino

    Leer mas

    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista

    por David Lorenzo
    29 de Mar, 2023
    0
    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista
    Local

    El pronóstico del tiempo para los días grandes de la Reconquista de Vigo lleva días titubeando. La previsión apuntaba inicialmente

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR