• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 18 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • uvigoé

    Nace na UVigo unha plataforma automática para verificar a información no debate político

    O obxectivo é que a aplicación, creada no proxecto ‘DEBATrue’ financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, poida ser trasladable a outros ámbitos
    Redacción por Redacción
    21 de Ene, 2022
    en Local
    0
    Nace na UVigo unha plataforma automática para verificar a información no debate político

    Julia Fontenla, Mónica Valderrama, Xosé Rúas, Talía Rodríguez, Iván Puentes e Montse Vázquez. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Deseñar unha aplicación web que permita automatizar o proceso de detección de informacións falsas e, máis en concreto, que permita verificar se as afirmacións realizadas polos políticos e políticas participantes nun debate electoral son certas ou non. Este é o principal obxectivo do proxecto DEBATrue, que, co financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación, coordinan os investigadores do grupo CP2, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Xosé Rúas e Ana Belén Fernández Souto. 20 investigadores e investigadoras de diferentes ámbitos integran o equipo de traballo dunha iniciativa dirixida a contribuír, como sinalan os seus responsables, á “loita contra a desinformación”, a través da identificación de “boatos ou datos falsos que poidan desvirtuar a calidade democrática e alterar o normal desenvolvemento do proceso electoral”.

    Nese senso, como recolle a memoria dun proxecto que se desenvolverá ata 2023, o seu propósito é tratar de sumar aos “actuais procesos manuais” de verificación unha aplicación dixital que automatice parte dese proceso, contribuíndo a que “se acelere a comprobación e verificación da información” e poidan rebaterse, “antes de que se viralicen”, as posibles afirmacións falsas ou inexactas realizadas no transcurso dun debate electoral, coa idea tamén de que esta ferramenta poida logo empregarse para a verificación de información noutros ámbitos. 

    Seleccionado na convocatoria Prueba de Concepto do Ministerio de Ciencia e Innovación, DEBATrue. Lucha contra la desinformación y criterios de valor en los debates electorales en televisión y medios digitales: plataforma de verificación y blockchain “é un proxecto de transferencia pura”, como subliña Rúas, que busca pór ao servizo da cidadanía unha plataforma de verificación de acceso libre e gratuíto. Trátase, así mesmo, dunha iniciativa derivada da investigación sobre debates electorais televisados DEBATv, que o grupo CP2 desenvolveu no marco do programa Retos de la Sociedad. “Naquel proxecto había xa unha parte que comezamos a realizar de xeito manual, que era comprobar se o que dicían os políticos nos debates era certo ou non e en que medida”, sinala o investigador principal, xunto con Fernández Souto, dun proxecto que reúne expertos e expertas das universidades de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Málaga, Sevilla e Granada.

    Unha plataforma de acceso aberto

    Co propósito tanto de identificar posibles afirmacións falsas no propio debate, como aquelas que a raíz deste poidan xurdir nas redes sociais, o proxecto abrangue a aplicación de “técnicas e ferramentas de aprendizaxe automático ou machine learning” aos procesos de verificación de datos, así como a creación “dun bot de análise conversacional e medición da actividade e impacto en Twitter” dos debates televisivos. A través destas ferramentas, buscarase tratar de “automatizar ou semiautomatizar este proceso de verificación de datos”, explica Rúas, que matiza que o proxecto implicará tanto o traballo con “datos de grao 1”, aqueles que poden comprobarse en bases de datos de acceso público, como con informacións “de grao 2”, que obrigarían xa “á súa comprobación de forma manual”. 

    Baseado no “uso de tecnoloxía blockchain”, tratarase dun “sistema de verificación de información aberto e descentralizado, creado sobre principios de gobernanza éticos e transparentes” e sustentado en datos de acceso aberto. Deste xeito, como recolle a memoria, proxéctase que esta ferramenta en liña permita non só coñecer que informacións son verdadeiras, falsas, incertas ou inexactas, senón poder tamén acceder “á fonte orixinal ou proba de veracidade”, como serían as bases de datos que xustificarían a exactitude ou inexactitude da afirmación. 

    Con eses obxectivos, DEBATrue reúne “expertos no desenvolvemento de aplicacións informáticas, en minería de datos en redes sociais e modelos de confianza e reputación, así como no ámbito da ciberseguridade e as conspiracións”, recolle a súa memoria. Así, xunto a Rúas e Fernández Souto, forman parte do proxecto os investigadores da UVigo Manuel Pérez Cota, Montse Vázquez, Iván Puentes, Yolanda Blanco, Andrés Mazaira, Mónica Valderrama, Talía Rodríguez e Julia Fontenla; xunto cos docentes da UDC Laura Milagros Castro, David Cabrero, Natalia Quintas, José Ángel Holgado e José Manuel Lage; aos que se suman os investigadores Francisco Javier Paniagua, da Universidad de Málaga; Concepción Pérez, da Universidad de Sevilla; Paulo Carlos López, da USC; Alejandro Romero, da Universidad de Granada; e o coronel Ángel Gómez, experto en análise xeopolítica

    Creación dun índice de calidade

    “Estamos nun contexto de desconfianza e o que pretendemos é traballar sobre a economía da confianza a través dunha ferramenta acreditada”, sinala Rúas. Nese senso, o proxecto contempla o desenvolvemento dun “índice internacional de calidade dos debates electorais”, que partirá da revisión e ampliación dunha relación de 50 “indicadores de valor”, deseñada no marco de DEBATv, xunto co impulso dun “selo de calidade” que distinga aqueles debates “que aposten pola participación, a transparencia, a loita contra a desinformación e a participación democrática da cidadanía”.

    Outro dos obxectivos do proxecto, como explica Rúas, “é ver a posibilidade de crear unha spin off” a raíz do desenvolvemento desta aplicación, que se basearía “nun modelo de negocio tokenizado”. Isto contribuiría á súa vez, a que esta ferramenta poida aplicarse, nunha segunda fase, “ao debate político xeral”, así como ao desenvolvemento doutras tarefas, como o asesoramento aos diferentes operadores e axentes implicados.

    Formación e sensibilización

    Con esa mesma vontade de transferencia, proxéctase a elaboración dun manual de boas prácticas na organización de debate, así como dunha guía escolar de “sensibilización, educación e loita contra a desinformación no debate político”. De feito, co propósito de contribuír á “sensibilización e capacitación dos futuros votantes, especialmente na contorna das redes sociais”, o proxecto abrangue tamén a realización dun estudo sobre as “necesidades educativas e de traballo na aula” que neste ámbito poida requirir a poboación infantil e xuvenil, así como o deseño e organización de talleres e de actividades formativas para educadores. 
     

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    O Centro de Linguas da UVigo abre o prazo de matrícula para os cursos de verán
    Local

    O Centro de Linguas da UVigo abre o prazo de matrícula para os cursos de verán

    18 de May, 2022
    Quincena gratuíta nas actividades deportivas dos tres campus da Uvigo
    Local

    Quincena gratuíta nas actividades deportivas dos tres campus da Uvigo

    16 de May, 2022
    Un partido inspirado en C. Tangana gaña unhas eleccións ficticias na Universidade de Vigo
    Local

    Un partido inspirado en C. Tangana gaña unhas eleccións ficticias na Universidade de Vigo

    13 de May, 2022
    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto
    Local

    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto

    12 de May, 2022
    Hallan restos de un asentamiento poblacional romano en la isla de Ons
    Arqueología

    Hallan restos de un asentamiento poblacional romano en la isla de Ons

    11 de May, 2022
    Crean en la UVigo la Cátedra Unesco para una educación transformadora
    Local

    Crean en la UVigo la Cátedra Unesco para una educación transformadora

    11 de May, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos
    Local

    La jornada de sol y bochorno, con temperaturas que rondaron los 30 grados, acabó con una gran tormenta en el...

    Leer mas

    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»
    Local

    Vestidos con monos blancos y con sus manos alzadas, vecinos de San Miguel de Oia y miembros de colectivos ecologistas...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1890

      O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas

    • O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR