Para o voceiro desta formación política, Rubén Pérez, «a recente polémica arredor da escultura dos redeiros responde a unha necesidade de coordinación entre persoas do mundo da cultura, persoal técnico municipal, veciñanza organizada así como a propia corporación municipal”.
“Non pode ser é que un alcalde decida o futuro dun museo como o MARCO ou onde se sitúa unha escultura na nosa cidade, senón que se pode consensuar sen problema», engade.
Marea de Vigo entende que «Vigo posúe un sector cultural moi representativo e de recoñecido prestixio internacional, polo que obvialo e non ter en conta a súa opinión, deixando decidir simplemente á clase política decidir como ten que materializarse a cultura na nosa cidade».
Na mesma liña se pronuncia o concelleiro Xosé Lois Jácome, que lembra o acontecido co teatro Ensalle, co festival ALT, as taxas da escola municipal de danza e a E-TRAD, o museo MARCO ou mesmo a recente polémica sobre a situación do Monumento ao Traballo. Segundo di, «son só síntomas da necesidade de organización e programación no eido da cultura na cidade de Vigo».
«Xa é hora de poñerlle fin á loitas absurdas como a do Padroado do Marco ou a da estatua dos redeiros, non se pode facer política cultural a golpe de improvisación», reclamou.