Nunha rolda de prensa ofrecia este xoves, a Marea defendeu unha PSA en Vigo con «máis persoal, con máis dereitos e sen sistemas de fabricación semifeudais», e pediu que a corporación esixa o mesmo en vez de ser “unha facilitadora de exteriorizacions a ETT´S e empresas de servizos no centro de Vigo”.
Rubén Pérez considera que Vigo ten feito esforzos urbanísticos e de infraestrutura sempre “a medida da fábrica”, cando precisaban os provedores cerca da factoría co sistema “just in time”, as ampliacións portuarias, exencións de impostos municipais, plans de emprego, etc. e a resposta «é perder máis emprego na factoría e introducir condicións de traballo cada vez máis duras».
Tamén afirmou que «non existen compromisos de emprego do grupo que preside Carlos Tavarés nin coa chegada de novos modelos nin coa ampliación do polígono de Balaídos que corresponde en parte ao suposto plan industrial de mellora loxística introducido co sistema Lean e que permite, co sistema de síncronos longos, que o subministro de pezas alónguese a 7 horas o que permite aos provedores evitar estar preto do centro de Vigo e trasladarse non só ao norte de Portugal (cousa que recomendaba o propio presidente do grupo) senón mesmo ao norte de África».
Pérez engadiu que o acordo de medidas de competitividades de PSA Peugeot Citroën para os anos 2015 a 2019 presentado polo grupo ás seccións sindicais «incide no feito de que o principal motor da planificación industrial do grupo para Vigo é reducir os custes laborais en base a novas categorías salariais á baixa xustificadas para contrarrestar, cito textualmente, “… la irrupción de países emergentes. Disponemos de un diferencial positivo respecto a los constructores de Europa del norte, pero la horquilla de costes se sitúa por encima de países del este de Europa, Portugal y latitudes más al sur, con las que debemos competir”.
Por último, o concelleiro aseguro que Marea «pedirá responsabilidades políticas se un novo sacrificio da cidadanía de Vigo e da parroquia de Matamá como é a ampliación de Balaídos non garantiza máis postos de traballo no centro produtivo e na industrial auxiliar».