«Debido as queixas da veciñanza sobre o formato á hora de levar a cabo as humanizacións, a Marea de Vigo, na liña da defensa da participación cidadá real e activa, considera que xa é hora de comezar a aplicar dinámicas que garantan a participación veciñal para estas actuacións, de xeito que calquera veciño ou veciña, estea ou non nunha asociación ou organizado no seu barrio, poida participar, e deste modo, axustar a obra pública ás necesidades e realidade de cada barrio», sinal o grupo municipal nun comunciado.
A Marea de Vigo asegura que nos exercicios orzamentarios tanto para o ano 2016 como para o 2017 xa expresou en ambas ocasións a «necesidade dun cambio radical» na concepción dos mesmos, mais aló das «limitacións da lei Montoro» e medidas como o teito de gasto, que «impiden a utilización dos orzamentos para consolidar, por exemplo, gasto socia»l.
«Mais esta conxuntura non supón que se empregue o superávit ao arbítreo unipersoal dun concelleiro, concelleira ou alcalde, facendo un uso incluso partidario e electoralista (como exemplo, serve o que normalmente acontece meses antes das eleccións municipais nesta cidade) do mesmo», asegura.
Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, cuestiona «a persistencia no modelo das humanizacións, que, en moitos casos nin responden ás demandas veciñais dos barrios nos que se levan a cabo, non xeran e consolidan emprego e simplemente engrosan as contas de resultados de construtoras privadas».