Regades detallou todas as actuacións, parroquia a parroquia, comezando por Saiáns (aglomerado de Baixada á Praia e asfaltado de Camiño Pinar); Oia (asfaltados de Cesáreo Vázquez e Igrexa Roteas); Coruxo (asfaltado de Río Barxa e asfaltado e humanización de José Rivas); Comesaña (acceso á VG20 desde a Florida); Valladares (asfaltados de Pinguela, estrada Costa e Zondal e actuacións de humanización en Camiño Laranxo, Camiño Pomba e na Estrada Freixo); Zamáns (asfaltado de Estrada Vilaverde) ou Beade (humanizacións da Estrada da Venda, Costa da Gándara, Clara Campoamor e Camiño Brea, e asfaltados de rúa Cabada, rúa Balde, Camiño Barreira, rúa Babio, ademais da reforma da antiga estrada provincial, que non está neste plan e que prevé soterrar subministros, a construción de novas beirarrúas e a ampliación do vial -grazas á cesión dos veciños-, o que permitirá circular o autobús urbano).
As actuacións continuarán por Bembrive (asfaltado na rúa Segade); Cabral (humanización das rúas Becerreira, Caeiro, Figueiras e Praza da Feira, e asfaltados en Figueiras, Fontaíñas de Arriba e do Camiño Chamuscada); Candeán (humanización do Camiño Laxes); Lavadores (humanización de Subride, Cantabria, Areeiro, Rosal Florido, Bagunda e Curros, e asfaltados en Camiño de Pombal, rúa Santa Cristina, Camiño Sabaxáns, rúa Pardavila, Camiño Vello, rúa Portellas e rúa Naia); Sárdoma (humanización da Subida a Relfas e asfaltado do Camiño Riobóo) e Castrelos (humanización da rúa Galindra, asfaltado da rúa Cruceiro e Camiño Corredoira, no que xa se acometeron traballos de subministros, ademais de renovar beirarrúas e luminarias).
Igualmente, está previsto acometer melloras de asfaltado en Matamá (humanización de Estrada Balsa e rúa Abade Juan Bastos e asfaltados de Camiño Carrazóns, Manuel Cominges, Abade Juan Bastos e rúa Parada); San Andrés de Comesaña (vaise continuar coa actuación no Camiño Rial -a primeira fase, a que une con Baiona xa está feita); Navia (ademais da actuación na Avenida de Europa, se actuará no entorno da Alameda da parte histórica de Navia, cunha beirarrúa que unirá coa zona de Molinos) e, por último, noutra parroquia que mestura zona urbana e rural como é Alcabre (asfaltado de Camiño Fontes e Camiño Tourido e humanizacións do Camiño Barralleiro e Avenida Atlántida).
Segundo explicou Regades, o obxectivo é “mellorar o acceso peonil” nas parroquias e “priorizar” que os viandantes poidan pasear polas rúas das zonas máis rurais. Para elo, “nos casos que se poida faranse beirarrúas que non existen e, onde non entre unha beirarrúa, canalizaranse as pluviais para facer un cebreado”.
Mantemento
O responsable de Fomento tamén explicou o protocolo de seguimento que fai o Concello das actuacións de reparación que se desenvolven nas distintas zonas da cidade, con catro cuadrillas traballando de xeito permanente (dúas no casco urbano e outras dúas nu rural).
Regades amosou un modelo de informe que semanalmente realizan técnicos municipais detallando as actuacións que se realizan, cronogramas, materiais e tempo de reparación. O informe inclúe, así mesmo, fotografías do antes e do despois das zonas nas que se actúa.