As críticas do deputado vigués Javier Dorado ao alcalde, Abel Caballero, e ao Colexio Lope de Vega pola visita do rexedor a pasada semana ao centro tiveron resposta este mércores. Unha mestra aclara que a idea de cantarlle unha canción ao alcalde foi dos nenos e rexeita as declaracións de Dorado.
Son mestra dende hai 30 anos….por vocación, porque me sae de dentro, porque me gusta, me satisface e disfruto séndoo. Son funcionaria dende o ano 2007 porque aprobei unha oposición e ninguén me puxo a dedo; non fun recomendada por…
Nunca votei nin ao PSOE, nin a Abel Caballero, pero dende este momento, Señor Alcalde, vai ter o meu voto….e todo o meu apoio. Cómo é posible que alguén ao que se lle presupón certo rigor, faga unhas declaracións e acusacións sobre un feito que tivo lugar no meu colexio, sen nin siquera informarse previamente?
O Señor Javier Dorado trata de convertir unha xornada festiva para o noso alumnado nun problema político… adoctrinamento?, apoloxía de que…?
Unha mágoa, Señor Dorado! Eu non son político… son mestra. Non lle digo a vostede como ten que xestionar os seus asuntos… non cuestione o meu traballo. Non me xulgue » de oído»…
Gustaríame aclararlle que o Señor Alcalde foi o primeiro sorprendido polo recibimento que tivo por parte do noso alumnado e que en ningún momento «les obligó a cantar» nin fixo ningún tipo de «adoctrinamiento político » como vostede di.
O tema de Tony Lomba foi proposto por un grupo de alumnos de sexto de primaria que acudiran recentemente a un pleno infantil no Concello e quixeron agasallar ao Alcalde cunha canción que coñeceran a través das redes sociais… cousas das novas tecnoloxías!!
Nós, Señor Dorado, somos mestres, non políticos e educamos en liberdade, non adoctrinamos…..pero xa sabe, de educación, política e relixión todos sabemos.
No noso colexio aceptamos calquera persoa, de calquera signo político que se implique coa educación e o benestar do noso alumnado, que son os únicos protagonistas e o único que nos ocupa.
O Señor Alcalde foi o noso invitado e lamento que vostede sentira «vergüenza ajena»… o noso alumnado non o percibiu así e desfrutou coa visita do Alcalde que lonxe de dar un mitin político, ensalzou o noso colexio, as instalacións e o labor do profesorado… que para eles somos un exemplo día a día.
Prégolle que non nos compare con réximes autoritarios, oféndeme… no noso colexio educamos no respecto e a tolerancia.
Para rematar, Señor Dorado, anticípolle que para o Día da Paz estamos preparando a canción de «La muralla» de Nicolás Guillén (poeta, periodista e activista político cubano)… espero que non nos tache de comunistas.
Unha mestra