19092019Jue
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

HOSPITAL XERAL

Marea aposta por manter servizos sanitarios nos anexos do Xeral

O grupo de Rubén Pérez aposta por a instalación de novos servizos como "crear unha nova unidade de saúde mental, que sustitúa ás pechadas da Dobrada e Coia"

15 Marzo 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo. Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo.

A Marea de vigo, sin estar en contra do traslado da Cidade da Xustiza ao edificio do Hopital Xeral, consideramos que se debe manter a atención sanitaria nos Anexos I e II, para situar neles os servizos necesarios que vimos reclamando xunto coa Asociación Pola Defensa da Sanidade Pública.

O grupo de Rubén Pérez indica que nestas instalacións deberá existir "un potente Servizo de Urxencias Extrahospitalario vinculado a un Centro de Alta Resolución, manter o Bloque Cirúrxico xa existente no anexo II para Cirurxía Minimamente Invasiva, manter o Bloque de Consultas Externas e os Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais para mellorar a accesibilidade dos pacientes e reducir as listas de espera".

Marea tamén indica que nestes edificios deben "abrir un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais, manter o Servizo de Rehabilitación, trasladar o Centro de Orientación Familiar e crear unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia". 

Evitar a demolición de edificios
Dende o grupo municipal da coalición En Marea precisan que "estase falando de converter o o anexo II nun aparcadoiro, polo que seria preciso demoler todo o que está agora construído (en perfectas condicións de uso), algo intolerable tendo en comta a falta de equipamento sanitario.
Polo tanto non terán o noso apoio se non se manteñen as características sanitarias nos dous anexos".

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

música

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído