22072019Lun
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 2pm

homenaxe

"Balbino", o neno labrego de Neira Vilas, terá unha escultura en Vigo

Concello e Deputación homenaxearán ao escritor galego na contorna da biblioteca municipal de Martínez Garrido

29 Enero 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Portada de "Memorias dun neno labrego". Portada de "Memorias dun neno labrego".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaron este xoves un protocolo de colaboración para a instalación -estimada no mes de marzo- dunha escultura en granito de "Balbino", personaxe de "Memorias dun Neno Labrego", como "homenaxe" ao seu autor, o recentemente falecido Xosé Neira Vilas. A obra ubicarase no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido.

Abel Caballero e Carmela Silva rubricaron este xoves un protocolo entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, un marco de colaboración para a instalación no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido, dunha escultura en granito de "Balbino", personaxe creado polo autor galego na súa obra "Memorias dun Neno Labrego".

Segundo explicou o alcalde ao remate, a obra "ten un gran interese simbólico" e correrá a cargo da Escola de Canteiros da deputación provincial. Caballero avanzou que estará instalada ao longo do mes de marzo.

En concreto a escultura terá unhas dimensións de 1,40 metros de alto, por 40 centímetros de ancho e 30 de fondo. Estará feito en granito silvestre extraído de una canteira próxima á casa do escritor e contará cun peso aproximado de 300 kilos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído