18102019Vie
Última edición: Vie, 18 Oct 2019 8pm

cheque social

As axudas de emerxencia a familias ascenden este ano a 750.000 euros

A xunta de goberno local acordou incrementar a partida en 70.000 euros para atender a demanda. Marea de Vigo denuncia que "as luces de Nadal nestes orzamentos está considerado gasto social"

10 Noviembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cola para solicitar os cheques sociais. O ano pasado houbo case 2.000 solicitudes. / Foto: Atlántico Cola para solicitar os cheques sociais. O ano pasado houbo case 2.000 solicitudes. / Foto: Atlántico

Segundo anunciou este martes o alcalde, a xunta de goberno local acordou incrementar de novo a partida para axudas de emerxencia a familias en 70.000 euros para atender a demanda dos que máis o precisan, que se suman aos 200.000 euros xa engadidos nos meses de xullo e agosto aos 445.000 euros que figuran no orzamento municipal para 2015. O total de fondos adicados ao efecto polo Concello de Vigo neste ano elévase a preto de 750.000 euros.

Abel Caballero informou este martes da decisión do goberno de Vigo de volver incrementar, por terceira vez neste ano, os fondos para axudas de emerxencia as familias. Cos 70.000 euros engadidos hoxe, a partida final que destina o Concello ao efecto elévase a preto de 750.000 euros, tras ter incrementado os 445.000 euros iniciais en 200.000 euros en senllos acordos do goberno local de xullo e agosto.

A partida de 2014 tamén tivo que ser aumentada en función da demanda, explicou o rexedor, ano no que o Concello concedeu máis de 3.000 axudas de emerxencia, fundamentalmente para vivenda, alimentación e enerxía. Os fondos para 2015 xa son superiores aos adicados no pasado exercicio.

En declaracións aos medios, o alcalde reiterou que Vigo é a cidade española coa política social máis importante de toda España referíndose a investimentos como os cheques de enerxía, vivenda ou alimentación, as achegas aos comedores sociais, o albergue, as bolsas de comedor, inmersión lingüística, políticas de xuventude e infancia ou Cedro.

cheque

Colectivo Os Ninguéns, concentrados na Praza do Rei xunto a membros da Marea de Vigo e BNG.

Pola súa banda, o grupo municipal Marea de Vigo criticou as partidas orzamentarias e sinalou que as luces de Nadal están incluidas como gasto social. O portavoz, Rubén Pérez, asegurou que "imos ser motor da presentación de emendas das persoas e movementos desta cidade" e criticou "a escasez dos orzamentos en políticas de igualdade nun momento de emerxencia, con tres agresións diarias en Vigo". Membros da Marea de Vigo concentráronse na Praza do Rei xunto ao colecitvo Os Ninguéns para demandar a entrega do cheque social.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído