Imprimir esta página

mural

Antón Pulido cambia a cor da Praza de Peniche

Caballero define o novo espacio "como unha das mellores zonas de arte urbano do mundo"

26 Mayo 2015 por
Valora este artículo
(5 votos)
Vista da Praza de Peniche. / Foto: @carmelasilva Vista da Praza de Peniche. / Foto: @carmelasilva

O alcalde de Vigo escolleu este martes a nova Praza de Peniche para realizar á súa primeira visita institucional logo das pasadas eleccións do día 24 de maio, un lugar "especial que amosa unha nova forma de enteder a cidade, un Vigo do século XXI", explicou.

Durante a visita felicitou ao "maestro" Antón Pulido polo deseño que converteu o antigo cruce de Peniche "nunha das mellores zonas de arte urbano do mundo". Lembrou a complexidade do proceso porque houbo que exproiar e derrubar as edificacións para facer un deseño "nunha zona que parecía imposible de mellorar", referíndose a que a entrada á Camiño de Pazos era un calexón e "agora é unha obra de arte". Durante as declaracións eloxiou os traballos dos concelleiros de Urbanismo, Fomento e Cultura.

O importe do proxecto foi de 175.000 euros e se actuou sobre 280 m2 que transformaron unha zona de edificios en ruína nun espazo de convivencia cidadá. A actuación nese novo espazo urbano se conforma cun pavimento de formigón no chan coloreado, o perimetro da praza estará rodeado por un mural de altura variable.

Inicia sesión para enviar comentarios