Imprimir esta página

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Vigo chora a Carme Kruckenberg no Día das Letras

A morte da poeta aos 88 anos marca os actos oficiais en defensa da lingua galega

17 Mayo 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Celebración do Día das Letras Galegas na Praza da Constitución. Abaixo, manifestación de Queremos Galego!. Fotos: Concello/@seraoteroVIGO Celebración do Día das Letras Galegas na Praza da Constitución. Abaixo, manifestación de Queremos Galego!. Fotos: Concello/@seraoteroVIGO

“Quero lembrarme dunha gran poeta viguesa que tanto e tanto escribiu en galego, Carme Kruckenberg, onte faleceu unha grande poeta galega, coa súa forma de entender Galicia. Queremos lembrarnos dende Rosalía a Carme”, afirmou o alcalde Abel Caballero durante a lectura do seu discurso na Praza da Constitución.

Os seus restos foron velados na sala dez do tanatorio de Pereiró, onde este domingo celebrouse un acto cívico- poético na súa memoria. Participaron entre outros o presidente de Real Academia da Lingua, Xesús Alonso Montero, que fixo lectura dos versos que Kruckenberg adicou a García Lorca en 1958.

Afectada por unha grave doenza, unha das súas últimas intervencións públicas foi en 2013. Invitada por Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, contou a súa traxectoria acompañada pola súa biógrafa e amiga, Mercedes Queixas. Foi recoñecida en vida tanto en Galicia como na súa propia cidade, Vigo, onde se lle adicou unha praza, entre Travesía de Vigo e Jenaro de la Fuente, e se lle ergue un monumento nas Avenidas.

OteroPraza Constitución e Queremos Galego!
O acto do Día das Letras Galegas celebrouse na praza da Constitución, onde o alcalde mencionou a importancia da cultura galega na cidade. “Hoxe é un día de festa en Galicia e en Vigo, una cidade que sinte moi de cerca a raíces da cultura galega, lingua, danza, tradicións, costumes… porque en Vigo vivimos Galicia de forma intensísima, dunha forma moderna, coas tradicións máis antigas, as que enraiza o olivo de Vigo”, sinalou.

Pola súa banda, a plataforma Queremos Galego! fixo este domingo unha chamada a reivindicar o idioma como “garantía de futuro”. A movilización, a máis numerosa de toda Galicia, partiu do cruce de Vía Norte con Urzaiz coa participación de centos de persoas, entre elas o voceiro do BNG, Xavier Vence.

Inicia sesión para enviar comentarios