22052019Mié
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

NOVA GLORIETA

Iniciadas as obras do acceso ao novo hospital

A Xunta adianta o inicio das labores unha semana, xa que as previsións eran comezar no mes de marzo

23 Febrero 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Mapa dos accesos ao novo hospital de Vigo. / Foto: Xunta Mapa dos accesos ao novo hospital de Vigo. / Foto: Xunta

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciou este lunes as obras de acceso ao novo hospital público de Vigo, tamén coñecida como a mellora da Avenida Clara Campoamor en Vigo.

Segundo informou a Consellería nun comunicado, as obras deste vial que canaliza os tráficos desta nova infraestrutura sanitaria na Cidade olívica, foron adxudicadas á empresa Taboada e Ramos por máis de 1,5 millóns de euros (1.527.020,00 €)., a principios deste mes. Durante estas semanas leváronse a cabo as tarefas preparatorias e de replanteo dos traballos, o que permitiu adiantar o inicio desta actuación, xa que a previsión inicial da Consellería era comezar as obras en marzo.

O obxectivo da actuación é dotar ao novo hospital de accesos axeitados (tanto ata a zona na que se ubicarán as urxencias coma cara entrada principal), desde a glorieta do segundo cinto de Vigo e desde a Avenida Clara Campoamor,engade a Xunta.

Para elo, ampliarase a capacidade da estrada existente ensanchando a súa plataforma, o que permitirá albergar dous novos carrís para o acceso directo ao hospital desde a VG-20, e un semienlace para a zona das urxencias deste centro hospitalario; executarase ademais unha nova glorieta para facilitar o acceso á entrada principal do hospital, e unha senda peonil para conectar esta glorieta norte coa zona próxima ás urxencias do centro

A Consellería engade que a actuación comeza na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), prevíndose a execución dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta saída contará con dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias e o outro que continua como vía de servizo ata á entrada principal do Hospital. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.

Así, a sección tipo da avenida neste treito engadirá aos actuais dous carrís por sentido outros dous carrís de acceso ao hospital. Nesta zona permítese, ademais, a saída dos vehículos desde a zona de urxencias do hospital cara a avenida.

Nova glorieta
Para complementar a actuación, construirase unha nova glorieta, que permitirá todos os cambios de sentido, na intersección entre a avenida Clara Campoamor e o acceso á entrada principal do centro hospitalario. Contará con dous carrís de 4 metros de ancho, beiravía interior de 1,5 metros e exterior de 0,5 metros.

Finalmente, executarase unha senda peonil para conectar esta nova glorieta coa que dará acceso ás urxencias do hospital. A poboación beneficiada é de máis de 430.000 veciños dos concellos que pertencen á área sanitaria de Vigo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído