22012020Mié
Última edición: Mar, 21 Ene 2020 9pm

O Concello de Vigo destina 350.000 euros a axudas ao alumnado da Universidade

Trátase de subvencións que inciden especialmente nas bolsas de comedor e que terán en conta o nivel de renda dos solicitantes

12 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Un comedor da Uvigo. Un comedor da Uvigo.

O Concello de Vigo aprobou o convenio coa Universidade de Vigo para levar adiante un programa de axudas que buscan que ninguén quede excluído dos estudios universitarios por criterios económicos. O texto foi validado este xoves pola Xunta de Goberno Local e supón unha achega de 350.000 euros que o Concello dedica a un programa de subvencións ao alumnado.

Deste xeito, procúrase garantir que ningún alumno quede excluído dos seus estudos por circunstancias que poidan dificultar o seu acceso ou permanencia na ensinanza superior. Este programa, que correrá a cargo da propia institución académica viguesa, inclúe "de forma moi importante" axudas de comedor, segundo anotou o alcalde, Abel Caballero.

As bases do plan terán en conta, polo tanto, o nivel de renda económica dos solicitantes e as súas condicións especiais, como por exemplo ser vítima de violencia de xénero, tal e como especificou o rexedor vigués, que valorou esta "boa experiencia" que promove o Concello coa Universidade.

Teis
Ademais, este xoves quedou aprobada a mellora do proxecto de reconstrución dun muro á altura do número 10 de Baixada á Igrexa, en San Salvador de Teis. O Goberno local acordou modificar o proxecto inicial ampliando ata os tres metros o ancho do camiño ao longo de 35 metros, cando inicialmente era de 25 metros.

Con esta decisión, adoptada logo de conversas con veciños da zona, se consegue mellorar a estabilidade do terreo e facilitar a circulación rodada pola vía.

fitur 2020

peinador

sucesos

fútbol

  • Últimas noticias

  • Más leído