09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 5pm

turismo

A Xunta aposta por actividades culturais e solidarias para promover o turismo en Vigo

"Nada Solidario" e "Coñece Vigo" serán os programas que pon en marcha o Goberno autonómico na cidade

02 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, durante a presentación do programa "Coñece Vigo". O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, durante a presentación do programa "Coñece Vigo".

"Nadal Solidario" e "Coñece Vigo" serán as apostas da Xunta de Galicia para promover o turismo na cidade olívica durante as festas de Nadal. As actividades culturais e solidarias converteranse de esta forma no eixo da programación da Consellería de Cultura e Turismo e a Delegación da Xunta para o mes de decembro en Vigo.

O Goberno galego e a súa Delegación Territorial levan meses a traballar para deseñar unha programación de Nadal que contribúa a que a cidade se consolide como un destino turístico nesta época do ano, ao tempo que se recupera o Nadal máis tradicional e solidario. Ademais, os proxectos teñen como obxectivo traballar coa sociedade civil, con entidades solidarias, fomentar accións participativas de ambiente familiar e colaborar en positivo coa cidade.

Co obxectivo de afondar na reflexión do que supón e significa o Nadal, a Xunta decidiu impulsar varias iniciativas vinculadas coa promoción e posta en valor desta festividade en Galicia. A finalidade do Goberno galego é contribuír a que os vigueses conten cunhas festas de calidade que se espallan por toda a cidade e das que gocen todos os cidadáns e visitantes.

tinglado

Por unha banda, programou o espazo "Nadal solidario" no Tinglado do Porto entre o 16 de decembro e 5 de xaneiro en horario de 12 da mañá ás 10 da noite, estendéndose á medianoite os sábados e domingos, con actividades ao longo de todo o día. Unha iniciativa especialmente pensada para as familias e que contará cun espazo solidario, tendo en conta que estas datas son especialmente difíciles para algunhas persoas.

“Trátase dun lugar no que cidadáns, turistas, peregrinos e empresarios poderán achegarse para aportar o seu grao de area para que todos podamos gozar destas datas”, coincidin en destacar o conselleiro Román Rodríguez e a delegada Corina Porro. Un espazo que contará tamén con actividades que permitirán encher a cidade de Vigo de cultura e tradición.

Atraccións, foodtrucks e paxe real
A animación no exterior contará con decoración tradicional, atraccións para os máis pequenos, foodtrucks e unha grande caseta habilitada para que o paxe real recolla todas as cartas dos nenos e nenas aos Reis Magos. Xa no interior, a peza principal será o Nacemento da Catedral de Santiago, xa que as obras que se están a realizar na basílica impiden este ano a súa exposición pública.

Un montaxe medioambiental ocupará a caseta dependente do porto vigués; o Celta de Vigo traerá xogadores do equipo de primeira división e do equipo integra, formado por deportistas con discapacidade (gañadores este ano da Copa de España), e as 14 ONGs participantes estarán moi presentes con espazos propios nos que informarán das súas actividades.

jardines castrelos

Organizaranse varios talleres nos que os máis pequenos poderán facer experimentos e facer fósiles coas súas propias mans, un obradoiro específico para que avós e netos podan compartir unha experiencia única e un terceiro taller dedicado a creación de xogos reciclados. Asemade, artesáns galegos farán demostracións dos oficios tradicionais.

O apartado da animación corresponderalle á Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e Asociacións de Corais Polifónicas, rondallas e agrupacións teatrais da cidade. Estarán presentes, apuntou Corina Porro, alumnos da Escola de Arte Dramático, o coro infantil da Fundación Mayeusis e do Colexio Montecastelo, a Coral Casablanca e os Bolechas. Asemade, grupos locais e de jazz encargaranse de amenizar no horario ampliado ata as 00.00 horas as noites dos sábados e domingos.

"Coñece Vigo"
Por outra banda, a Xunta tamén deseñou a iniciativa "Coñece Vigo", un novo programa de visitas guiadas con nove rutas que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade.

A programación inclúe nove rutas, guiadas e de balde, pensadas para os vigueses aínda que abertas a toda a sociedade, especialmente ás asociacións, colectivos sociais e centros educativos. Xiran entorno ás orixes de Vigo, os homes e mulleres que fixeron onte o Vigo que é hoxe, os espazos a través dos que entender a identidade viguesa, o xornalismo, a administración ou os eixos do seu crecemento económico.

museo marA ruta dos Miradoiros de Vigo permitirá, cos montes do Castro e a Guía como protagonistas, observar a ría e coñecer os seus segredos; o Vigo Castrexo ofrecerá a posibilidade de viaxar no tempo ás máis antigas orixes da cidade; o Vigo Romano afondará nos xacementos romanos máis importantes da área nunha visita ao Museo da Sal e a Vila Romana de Toralla; mentres que os "Nomes de Vigo" ilustrará sobre os grandes benefactores da cidade a través dunha guía moi especial caracterizada de Irene Ceballos, ilustre veciña viguesa á que débelle o seu nome o Instituto Santa Irene; e a ruta do Pazo de Quiñones de León, na que será a propia Marquesa de Valladares quen guíe a visita a unha das pinacotecas máis interesantes de Galicia.

Todas as rutas inclúen transporte en autobús ou en catamarán, como o que é necesario para participar en "Coñece o teu Porto", unha excursión que amosará desde o mar toda a actividade pesqueira e industrial. Asemade, Faro de Vigo contará cunha ruta propia, "Coñece o teu periódico".

A aceptación da iniciativa, ideada polo Goberno galego en colaboración coa Autoridade Portuaria, por parte dos vigueses é tal que en tan só dez días recibíronse 5.000 solicitudes e moitos dos itinerarios están xa completos. A actividade é de balde e a inscrición pode facerse na páxina web de turismo.gal.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

urbanismo

  • Últimas noticias

  • Más leído