14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3am

Vigo Histórico colocará centos de zapatos no Paseo de Alfonso contra o túnel

"O obxectivo é chamar a atención para que se reconsidere a planificada co túnel, que é simplemente ornamental, e non contribúe a reducir o tráfico e a contaminación", asegura o colectivo.

22 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Cartel do evento. Cartel do evento.

O colectivo Vigo Histórico informou este venres de que vai proceder a colocar centos de zapatos pintados de verde no Paseo de Alfonso XII, para reivindicar "unha peonalización da Porta do Sol ecolóxica, que reduza emisións".

O obxectivo de Vigo Histórico é chamar de novo a atención para que se reconsidere o proyecto que inclúe a planificación do túnel ao considerar que "é simplemente ornamental, e non contribúe a reducir o tráfico e a contaminación".

#VigoEnVerde é o lema desta intervención lúdico-artística, prevista en principio para a tarde do venres, pero que por mor da choiva foi aprazada ó sábado. A previsión do colectivo é ter colocados todos os zapatos as 17:30, para reclamar unha peonalización "realmente verde, poñer en valor o Paseo de Alfonso, e defender o Camiño de Santiago Portugués pola costa, que quedaría visiblemente deslucido polas ramplas do túnel en Elduayen".

Vigo Histórico leva semanas recollendo zapatos inservibles para pintalos e poder colocalos na rúa, para crear unha imaxe rechamante, que chame a atención da cidadanía viguesa e do Concello de Vigo, ao que solicita que procure unha alternativa de peonalización sostible da Porta do Sol, sen afectar negativamente ao patrimonio.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído