11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

Caballero insta á Xunta a mercar os inmobles anexos ao albergue

A administración autonómica asegura que "hai semanas que se lle ofreceu aos donos de Berbés 9 a adquisición da propiedade"

20 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)

O Concello de Vigo ordenou a demolición por ruína do edificio da Praza do Peñasco que sufriu desprendementos e instou á Xunta a adquirir os inmobles anexos e incorporalos ao proxecto. O Goberno galego respondeou que xa ofreceu aos propietarios a adquisición das vivendas.

Abel Caballero recordou este mércors que tres persoas foron desaloxadas o pasado luns das súas vivendas no número 9 da Ribeira do Berbés e de Praza do Peñasco 3, por mor dos desprendementos producidos no edificio número 5 da nomeada praza. Todo apunta, avanzou Caballero, a que a caída dos elementos no número 5 se debe ás obras que a Xunta realiza nos números 7 e 9 da Praza do Peñasco, onde constrúe un albergue de peregrinos.

Ao respecto, tal e como informou o alcalde, o Concello xa trasladou á Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, como promotora da obra, e á propiedade da Praza de Peñasco 5 as medidas a adoptar conxuntamente por seguridade, que pasan polo baleirado e demolición deste edificio, en estado de ruína. O Concello asumiría a execución de forma subsidiaria se as partes non o fan.

Abel Caballero instou á Xunta de Galicia a adquirir os inmobles anexos ao solar onde promove a construción do albergue de peregrinos -con saída á Praza do Berbés 5, ademais da Praza do Peñasco 7 e 9-, para así incorporalos ao proxecto e facilitar a súa rehabilitación.

Pola súa banda, a administración autonómico asegurou que Hai semanas que se lle ofreceu aos propietarios de Berbés 9 a adquisición da propiedade por parte do Consorcio do Casco Vello. "Un ofrecemento que se lles reiterou esta mesma mañá na reunión técnica que se celebrou na Delegación da Xunta en Vigo precisamente para abordar as medidas de seguridade a adoptar tras os desprendementos", sinalaron desde a Xunta.

Ademias, o Goberno galego apunta que no caso da vivienda da Praza do Peñasco 5, o inmoble no que se produciron os desprendementos, este martes o Consorcio "mostrou á propiedade a súa disposición de adquirir o edificio, unha oferta que esta mañá na citada reunión reiteróuselles de novo. En ambos os casos o ofrecemento está feito e de forma reiterada".

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído