12122019Jue
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9pm

Marea de Vigo pide que o novo regulamento do Vitrasa inclúa bonos para desempregados

A formación volve reclamar que se remunicipalice o servizo de transporte público

19 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Un autobús urbano na Porta do Sol. / Foto: VIGOÉ Un autobús urbano na Porta do Sol. / Foto: VIGOÉ

Marea de Vigo vén de presentar 26 emendas ao regulamento de transporte público de Vigo -documento indispensable previo á licitación da concesión- anunciado polo Concello ao “non ser escoitadas moitas das súas propostas no proceso de elaboración previo”. Entre as súas peticións atópase a creación de novos tipos de billetes de abonos, algúns inexistentes ata de agora como o de persoas desempregadas.

A formación elaborou unha proposta “construtiva” que regula os diferentes aspectos relacionados co desenvolvemento desta actividade de servizo público, como son o ámbito de aplicación, os dereitos e os deberes das persoas usuarias e empregados, o establecemento de paradas, a clasificación dos diferentes tipos de títulos de viaxe e a existencia e funcionamento da Oficina de Atención á Cidadanía.

Ademais, Marea de Vigo considera que o proxecto de regulamento presentado polo Goberno local “consagra a explotación privada do servizo” ao indicar -xa previamente a ter os pregos de concesión- dereitos e deberes da empresa e indicar que o contrato vai ser prestado “si ou si” mediante a xestión indirecta dunha empresa, “dificultado o camiño a futuras remunicipalizacións”.

O partido presentou no período de consulta previa unha proposta completa de regulamento que so foi tomada en conta parcialmente. Por iso agora, unha vez que se resolveron as contestacións a particulares e colectivos que presentaron alegacións, traslada as suxestións non consideradas en formado de emendas ao articulado do regulamento.

A formación lembra que os artigos 25.2.g) y 26.1 d) da Lei 7/1985, de 2 abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, atribúen aos municipios o exercicio de competencias en materia de transporte público de viaxeiros e a prestación de servizos de transporte colectivo urbano de viaxeiros. Igualmente, o artigo 86.3 da citada declara a reserva legal en favor dos municipios dos servizos de transporte público de viaxeiros polo que xestionar de xeito directo o servizo “é simplemente unha decisión política e non técnica”.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído