11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

nadal 2019

O Nadal de Vigo viaxará en bus por España

Vitrasa promocionará as festas nos autocares urbanos e metropolitanos de nove cidades así como na ruta de longo percorrido entre a cidade olívica e Madrid

19 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Un dos autobuses que promocionará o Nadal vigués por España. / Foto: Avanza Un dos autobuses que promocionará o Nadal vigués por España. / Foto: Avanza

O Nadal de Vigo viaxará en autobús por España. Vitrasa promocionará as festas en varios buses urbanos e metropolitanos de nove cidades do territorio nacional. En concreto, trátase de Madrid (2 autocares), Sevilla (2), Valencia (2), Córdoba (1), San Sebastián (1), Zaragoza (1), Segovia (1) e Málaga (2). No ámbito metropolitano tamén haberá catro vehículos en Madrid e dous en Vizcaya. E a liña de longo percorrido entre a cidade olívica e a capital de España ira vinilada con imaxes do Nadal vigués.

Ademais, a Estación Sur de Autobuses de Madrid será protagonista desta campaña de promoción xa que o túnel que comunica esta estación co metro e o tren de proximidade estará totalmente rotulado con imaxes da cidade durante o Nadal. Tampouco pasará desapercibida para todas as persoas que transiten por este túnel a invitación do alcalde, Abel Caballero, a vir a Vigo para gozar do Nadal “máis top do planeta”.

Destacará tamén o lema da campaña ‘Vigo, onde vive o Nadal’, e as alusións á iluminación e todos os soportes e actividades que se desenvolverán durante estas festas na cidade olívica. O rexedor vigués acudiu a Madrid este martes para presentar e ver de primeira a man a decoración deste espazo.

A campaña, que dá comezo este martes 19 de novembro e que se prolongará durante todo o Nadal, non implicará ningún compromiso económico para as arcas do Concello vigués, xa que a empresa asumirá a integridade dos custos. Esta iniciativa únese á impulsada polo Goberno local para anunciar as festas no mobiliario urbano doutras nove cidades españolas e tres portuguesas.

Non é a primeira vez que os buses do Grupo Avanza, compañía que xestiona Vitrasa, promocionan a imaxe de Vigo fora da cidade. No verán de 2017, dous autobuses que cobren a ruta Vigo-Madrid estiveron rotulados con imaxes das Illas Cíes e o slogan: “Illas cíes: Obxectivo, Patrimonio da Humanidade”. Tamén a Estación Sur de Autobuses de Madrid foi escenario desta campaña coa decoración integral do túnel que comunica dita estación co metro e o tren de proximidade.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído