12122019Jue
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9pm

A mocidade viguesa clamará contra a violencia de xénero co Enlaza Vigo 2019

O Concello abre este luns no Calvario a mostra de traballos do alumnado de secundaria e desenvolverá o evento central do Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller o vindeiro luns

19 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Un acto dunha edición anterior do Enlaza Vigo. Un acto dunha edición anterior do Enlaza Vigo.

O Concello de Vigo conmemorará o vindeiro 25 de novembro o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con diferentes actos, entre os que destaca o que terá lugar o vindeiro luns no Auditorio Mar de Vigo en horario lectivo e contará coa participación do alumnado dos centros educativos da cidade.

No Enlaza Vigo, un programa especial dirixido a alumnado de secundaria de centros públicos e concertados da cidade, "seremos un clamor de xente nova en contra das violencias machistas", segundo avanzou o alcalde da cidade, Abel Caballero, que explicou que haberá actividades informativas, lúdicas e reivindicativas, con proxeccións, mesas informativas ou unha exposición colectiva no ámbito da igualdade e a prevención da violencia.

O rexedor destacou que o Enlaza Vigo do Concello recibiu o Premio de ‘Boas prácticas contra a violencia de xénero’ outorgado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.

Ademais, o alumnado dos centros educativos de secundaria creou lonas artísticas contra a violencia de xénero baixo o lema ‘Micromachismos. Como erradicalos’ que, dende hoxe e ata o 27 de novembro, conforman unha mostra que pode visitarse na zona peonil do Calvario. Na edición pasada participaron 25 centros educativos.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído