13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 5pm

Porro acusa a Caballero de “matonismo político” por obstaculizar o programa de rutas da Xunta

A delegada territorial asegura que o alcalde esixe agora novas condicións que impiden manter as visitas de ‘Coñece Vigo’ malia que os espazos estaban xa reservados e pechados con tempo

18 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Corina Porro. / Foto: Sonia Daponte Corina Porro. / Foto: Sonia Daponte

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, lamentou este luns que a “confrontación permanente na que vive instalado” o alcalde de Vigo, Abel Caballero, pretenda impedir calquera iniciativa por parte da administración autonómica. É o caso, dixo, do recentemente presentado ‘Coñece Vigo’, un novo programa de visitas guiadas con rutas que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade.

Neste senso, Porro informou de que ten coñecemento de que o rexedor vigués deu orde de “pechar as portas aos vigueses” no caso da ruta do Vigo Castrexo e o Vigo Romano. Unha situación que cualificou de “inconcibible”. Así as cousas, defendeu que, malia que os espazos estaban xa reservados e pechados con tempo para as visitas programadas e que se estendían ata finais de decembro, “o alcalde sacouse un as da manga” para impedir que a Xunta de Galicia leve a cabo este programa.

A delegada territorial sinalou que tras meses de organización e cando van a arrancar as visitas o goberno local mudou as condicións iniciais aplicando unha nova fórmula de reserva que fai inviable manter as visitas.

Deste xeito, tras advertir que con este tipo de actitudes propias do “matonismo político” que, o seu xuízo, caracteriza ao alcalde, “os únicos que saen perdendo son os vigueses”. “Os nosos veciños deben saber que é o seu alcalde o que lles está impedindo entrar nos seus museos e gozar do seu patrimonio cultural.

“Máis colaboración e menos confrontación”, reclamou Corina Porro, quen entende que son prácticas que non conducen a ningures. “Seguir atacando á Xunta de Galicia non lle reportará máis que perdidas aos vigueses”, apuntou, para reclamarlle ao alcalde que deixe de cuestionar todas e cada unha das actuacións que dependen da administración autonómica.

É o caso, referendou, da ampliación do Instituto Feiral de Vigo ou das inversións que verán da man do Xacobeo cuxa programación definitiva está aínda por pechar. “Calquera compromiso adquirido polo presidente da Xunta é posto en cuestión polo alcalde”, afirmou, ao tempo no que reclamou que deixe actuar ao Goberno galego, “que nos deixe sinalar o Camiño Portugués e contribuír co 'Coñece Vigo' a facer promoción da nosa historia”.  

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído