12122019Jue
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9pm

Vigo desafía á chuvia este mércores cunha andaina polo centro da cidade

Máis de 300 persoas completarán un percorrido circular guiado que pasará por Príncipe e o Casco Vello

12 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Vista aérea do Casco Vello de Vigo. Vista aérea do Casco Vello de Vigo.

A Deputación de Pontevedra celebrará este mércores, 13 de novembro, unha andaina en Vigo para sumarse por vez primeira á conmemoración do Día Mundial das Cidades, que a ONU promove cada 31 de outubro desde o ano 2013 e que este ano ten como lema “Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións”.

Esta camiñada estaba prevista para o 30 de outubro pero as pésimas condicións meteorolóxicas obrigaron a pospoñela. Agora, aínda que choverá ao longo do día, a previsión é boa para as horas ás que se desenvolverá a actividade, que partirá ao mediodía da lámpada de Urzaiz e completará un percorrido circular.

Xa está confirmada a asistencia de máis de 300 persoas, entre os que se inclúen cidadáns pertencentes a diversos colectivos sociais e alumnado de centros educativos, aínda que o evento está aberto para que se sume a poboación en xeral. A ruta contará cun guía que dará a coñecer os lugares máis representativos de ambas cidades, así como a súa historia e a evolución que experimentaron. 

Comezará na confluencia de Urzaiz e Príncipe e percorrerá esta última rúa, a Porta do Sol, a praza da Princesa, da Constitución, a rúa dos Cesteiros, a praza de Almeida, a praza da Pedra, a rúa Real e a praza da Igrexa.

Segundo a presidenta da Deputación, Carmela Silva, “esta celebración é unha oportunidade para reflexionar sobre o noso futuro urbano común e construír cidades máis sostibles”. Como sinalou, “máis da metade da poboación mundial vive en cidades e agárdase que esta cifra aumente ata o 68% para 2050”.

Por iso, segundo a Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas –e en palabras de Silva-, “hai que pensar moito, debater, e traballar para deseñar unha urbanización sustentable, cousa que nesta provincia é moi recoñecida xa que temos moitas cidades e pobos que están a apostar para converter as súas contornas en espazos máis amables”.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído