06122019Vie
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

Vigo Histórico sinaliza simbólicamente o Camiño de Santiago no centro da cidade

"Compre coidalo e potencialo porque no futuro pode chegar a ser un reclamo turístico de primeiro orde polo interese paisaxístico e cultural", sinalo o colectivo

05 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(3 votos)
Marca no centro de Vigo. Marca no centro de Vigo.

O colectivo Vigo Histórico procedeu este martes á colocación simbólica de frechas indicativas do Camiño de Santiago no centro da cidade olívica "co fin de facilitar a entrada de peregrinos, e para seguir reclamando que vale a pena buscar unha alternativa a peonalización da Porta do Sol máis sostible e respectuosa co patrimonio, que non implique a construción dun túnel".

"O Camiño de Santiago Portugués pola costa está incrementando cada ano o número de peregrinos. No futuro pode chegar a ser un reclamo turístico de primeiro orde para Vigo, polo interese paisaxístico, ademáis de cultural, do percorrido. Por tanto, compre coidalo e potencialo". Este é o argumento esgrimido polo colectivo Vigo Histórico, destacado nas últimas semanas por facer fronte ao proxecto do túnel na Porta do Sol, para levar a cabo unha nova acción reivindicativa.

191105 VH CS 006Vigo Histórico explica que no futuro a ruta pode chegar a ser un reclamo turístico de primeiro orde para Vigo, polo interese paisaxístico, ademáis de cultural, do percorrido. Por tanto, compre coidalo e potencialo. O trazado no centro de Vigo pasa polos puntos de maior interese patrimonial: Paseo de Alfonso XII, Oliveira, Rúa Elduayen, Sombrereiros, Colexiata e Praza de Compostela. 

"Proximamente comezaremos a colocar as indicacións do camiño. Vigo Histórico celebra este feito xa que é moi positivo para a cidade. O que, pola contra, vai resultar considerablemente negativo é a desvirtualización da rúa Elduayen, equivalente actual do que antes era a antiga Rúa Sombrereiros trala porta de Falperra, por onde se accedía a vila", engaden.

O colectivo conclúe sinalando que "as ramplas de entrada e saída do túnel van afectar considerablemente a imaxe dos camiñantes na súa entrada ao Casco Vello" e considera que a opción de peonalizar o tramo vai resultar "moito máis atractiva, e respectuosa co patrimonio da cidade, xa que os visitantes entrarían na cidade antiga por un bulevar peonil".

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído