07122019Sáb
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 11am

Circuíto de terror, laboratorio Frankenstein e chocolate gratis para celebrar Samaín en Vigo

Coincidindo co Día do Ensino, o Concello programa para este xoves obradoiros para cativos diante do Museo Marco e na peonil do Calvario

29 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
No Calvario desenvolverase unha actividade de maquillaxe de terror. No Calvario desenvolverase unha actividade de maquillaxe de terror.

Co gallo do Samaín e coincidindo co Día do Ensino, o Concello de Vigo organiza actividades para nenas e nenos en diferentes espazos da cidade este xoves, 31 de outubro. Diante do Museo Marco, haberá varios obradoiros entre as 17.00 e as 20.00 horas destinados a cativos a partir de 4 años: ‘O circuíto do terror’, que inclúe unha xincana con arañas, morcegos ou moco de troll, ‘O meu globo Samaín’, no que os participantes farán unha cabaza cun globo, e ‘Samaín chef’, no que confeccionarán receitas terroríficas.

Ademais, con ‘Samaín attack’ os cativos a partir de 3 anos aprenderán a facer arañas e co ‘Laboratorio Frankenstein’ científicos noveis a partir de 5 anos completarán experimentos co Doutor Frankenstein no seu laboratorio.

As actividades no Calvario –que terán un ollo pendente da chuvia- desenvólvense diante do mercado entre as 17:00 e as 20:00 horas con propostas de tatuaxes de terror, chapas, debuxos terroríficos, tarxetas de Samaín, teas de araña, arañas doces e fantasmas de algodón, amais de maquillaxe de terror.

Tamén no Calvario, a partir das 19.00 horas e ata as 23:30 horas, terá lugar o Serán Samaín para involucrar aos máis pequenos da casa. Organizado pola asociación folclórica e cultural O Fiadeiro, contarán con grupos destacados de música tradicional e actuacións de grupos espontáneos previa inscrición. Durante o evento repartirase chocolate quente de balde.

Por último, a rúa do Príncipe, á altura do Marco, encherase de música co pasacalles ‘Espíritos do Samaín’ de Barafunda Animación, que ofrecerá dous pases diarios: de 17.00 a 18.00 e de 18:45 a 19:45 horas.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído