12112019Mar
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

Estudantes de Vigo afondan nos roles de xénero, o ciberacoso e a violencia na rede

O Concello imparte o obradoiro de igualdade ‘Mozas e mozos cambiando estereotipos’ destinado a alumnado de ESO, Bacharelato e FP

28 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Caballero diríxese aos participantes no obradoiro. / Foto: Concello de Vigo Caballero diríxese aos participantes no obradoiro. / Foto: Concello de Vigo

O Concello de Vigo ten en marcha varios programas de igualdade cun "número singular de actividades" como o obradoiro que deu comezo este luns no Auditorio Municipal baixo o lema ‘Mozas e mozos cambiando estereotipos’, que está dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de 21 centros educativos da cidade.

Abel Caballero saudou aos 354 estudantes que acudiron nesta xornada na que traballarán diferentes contidos entre os que figuran os estereotipos e roles de xénero, a violencia simbólica, o ciberacoso, control e ciberviolencia en redes, as violencias sexuais e o empoderamento.

Este é un dos programas municipais en materia de igualdade pero non o único. A administración local tamén cede a 15 centros educativos a exposición itinerante ‘A violencia sexual na mocidade. Infórmate!’, dirixida ao alumnado de secundaria con 10 paneis informativos que abordan que é a violencia sexual e que estará a disposición de centros de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Para escolares de Educación Infantil e Primaria de centros públicos da cidade, o Concello desenvolve o programa ‘Camiña con nós pola Igualdade’ con talleres temáticos que queren fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos.

Amais, o Goberno municipal ten en marcha tamén o ‘Obradoiro de Autoprotección para mulleres’, que oferta 16 prazas para as maiores de 18 anos empadroadas en Vigo e que lles proporciona coñecemento e habilidades básicas de autoprotección para mellorar a súa seguridade persoal e que, en palabras do rexedor, "ten moito éxito e demanda".

Por último, Caballero salientou as ‘Xornadas Co-educa: Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en igualdade’ que se celebra no Auditorio Mar de Vigo o 6 e 7 de novembro. Dirixidas a profesorado e comunidade educativa buscan fomentar a coeducación para previr a violencia de xénero.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído