11112019Lun
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

orzamentos 2020

Humanizacións e mobilidade urbana, prioridades da Deputación en 2020 en Vigo

Carmela Silva: “A nosa aposta coa cidade é inequívoca nun orzamento que volve a comprometerse co futuro das viguesas e dos vigueses”

23 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
A institución provincial anunciou que, en colaboración co Concello, fixará o foco nas infraestruturas viarias, nos equipamentos educativos e deportivos e nos eventos nacionais e internacionais. / Foto: Deputación A institución provincial anunciou que, en colaboración co Concello, fixará o foco nas infraestruturas viarias, nos equipamentos educativos e deportivos e nos eventos nacionais e internacionais. / Foto: Deputación

O goberno provincial de Carmela Silva presentou hoxe o orzamento da Deputación de Pontevedra para o vindeiro ano 2020, que situarase nos 161 millóns de euros e que mantén a “nosa aposta inequívoca coa cidade de Vigo, como xa fixemos desde o 2016, con investimentos para mellorar a vida das viguesas e dos vigueses, e respectando as prioridades marcadas polo goberno municipal, tal e como vimos facendo na nosa relación con todos os concellos da provincia”.

Os investimentos da Deputación en Vigo centraranse na cofinanciación co Concello das infraestruturas viarias municipais. A mellora da accesibilidade e seguridade nos viarios das parroquias mediante a humanización de beirarrúas; a mellora da seguridade coa renovación da pavimentación da calzada en distintos viarios do rural; e a da accesibilidade e mobilidade urbana na cidade, serán algúns dos eixos de actuación sobre os que o goberno de Silva, porá o seu foco con partidas fixadas no convenio co concello.

Tamén estarán destinados á cofinanciación de proxectos para infraestruturas educativas e deportivas, entre elas a cubrición dos patios de diversos colexios públicos do concello, ou a renovación de instalacións deportivas do termo municipal. Outro dos eixos aos que se destinará o esforzo inversor do goberno provincial en Vigo ten que ver coa promoción de eventos de interese xeral para o emprego, o turismo e o deporte. Entre eles xa está recollida a cofinanciación co Concello para o desenvolvemento de acontecementos deportivos de carácter nacional e internacional; eventos para a promoción do emprego e dos sectores industriais; e para acontecementos de carácter nacional e internacional destinados a promocionar o turismo. Todo elo, amais de todos os investimentos das diferentes áreas do goberno nos eidos da Sustentabilidade, a Igualdade, a Cultura, a Cohesión Social, a Xuventude, o Turismo, o Deporte, a Innovación, as TIC ou a Economía e o Emprego.

O orzamento da Deputación de Pontevedra para o vindeiro ano se situará en case 161 millóns de euros, (160.932.950), e cun orzamento consolidado de 164,5 millóns de euros. Á evolución das contas, únese tamén a continua redución da débeda, “tan diferente á que atopamos en 2015 cunha institución hipotecada en 41 millóns de euros, pasando a ser agora unha administración modélica que rematará o ano 2020 con 3,9 millóns, moi preto da débeda cero“.

Como a presidenta xa adiantou na súa investidura, a sustentabilidade cara á transición ecolóxica; a economía, innovación e emprego; o avance sociocultural e deportivo; a igualdade e a asistencia económica e técnica aos concellos, son as cinco grandes áreas prioritarias, reflectidas así no orzamento. Igualmente, a Deputación de Pontevedra, con máis dun 30%, segue a liderar o ranking estatal en transferencias de recursos aos concellos segundo fontes do Ministerio de Facenda. “Somos a Deputación de todo o estado que máis fondos destina aos municipios“, subliñou Silva.

Inicia sesión para enviar comentarios

ponteareas

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído