11112019Lun
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

Marea de Vigo denuncia que o Goberno local non lle facilita o plan de seguridade do carril bici

O grupo municipal lembra que este documento é obrigatorio para poder acometer a obra e advirte que o pedirá a través do valedor do pobo se a Concellería non llo entrega antes de fin de mes

16 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Un ciclista pola avenida de Castelao. / Foto: VIGOÉ Un ciclista pola avenida de Castelao. / Foto: VIGOÉ

O grupo municipal da Marea de Vigo denunciou que o Goberno local non lle facilitou aínda o plan de seguridade do carril bici que se está a construír na cidade, un documento que debe ser previo ao proxecto de obra, polo que a súa inexistencia constituiría “unha grave irregularidade”, segundo lembra o voceiro do partido, Rubén Pérez.

“Solicitámolo hai un mes e aínda non tivemos resposta. Esperamos que non sexa porque efectivamente non existe, xa que suporía un grave incumprimento legal”, engadiu. Así, a formación reiterou a súa petición e asegura que llo solicitará ao valedor do pobo se non dispón del a 31 de outubro.

Marea de Vigo entende que o carril bici está decidido “sen un criterio técnico e improvisando as medidas recomendadas pola DGT”, pero afonda no feito de que a carencia dun informe de seguridade adaptado á realidade do proxecto e das rúas polas que transita, supón un “serio risco” para as persoas usuarias, viandantes e condutores de transporte público colectivo e taxistas.

O grupo municipal esixe que as cuestións de seguridade estean sempre presentes nas actuacións que implican mobilidade e actuacións en vía pública. Do mesmo xeito, Marea de Vigo lembra que foi aprobada unha moción que reclamaba a necesidade urxente de adaptar a cidade “aos novos xeitos de mobilidade que cada día son unha realidade máis complexa e con formulacións que requiren tanto de infraestruturas coma de organización diferentes”.

A formación xa dixera en 2017 que consideraba acertada a concreción dunha ordenanza sobre mobilidade sostible, pero que entendía que esta “tiña que artellarse dentro das liñas estratéxicas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) aprobado polo Concello de Vigo o 27 de xuño de 2014 onde se recollía coma un dos obxectivos a mellora das condicións de mobilidade peonil e ciclista”.

Segundo Pérez, “a decisión de que o carril bici transcorra por esta vías non está realmente acorde cos obxectivos marcados no PMUS e nas propostas iniciais de carrís bici, xa que se priorizaban outras vías precisamente polas dificultades de tráfico e deseño urbano que comportan rúas coma Pizarro ou Camelias”.

Inicia sesión para enviar comentarios

ponteareas

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído