22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

urbanismo

O Concello de Vigo autoriza torres de 10 alturas en Cordelerías Mar

O planeamento do ámbito ten unha superficie de 7.227 metros cadrados de uso residencial libre

15 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Infografía do proxecto. Infografía do proxecto.

A Xerencia de Urbanismo deu luz verde este martes ao convenio para a execución do planeamento do ámbito de Cordelerías Mar, que ten unha superficie de 7.227 metros cadrados de uso residencial libre. O documento recolle unha edificabilidade máxima de 21.995 metros cadrados en dez alturas.

Esta actuación está incluída na Ordenación Provisional, que permite edificar a 48.000 propietarios e que recolle que a promotora se compromete a presentar os proxectos para solicitar licenza de edificación no prazo dun mes desde a entrada en vigor desta ferramenta urbanística.

Os promotores das vivendas tamén asumiron a cesión de espazos públicos á cidade, libres de cargas, para construír unha zona verde e un parque infantil.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído