15112019Vie
Última edición: Vie, 15 Nov 2019 6pm

A Xunta inicia a sinalización do Camiño de Santiago en Vigo

Instalaranse 14 mouteiras na rúa Areal, na Estrada de Camposancos e na Avenida Ricardo Mella tras obter as autorizacións de Autoridade Portuaria a Axencia Galega de Infraestruturas. Mentres, a parte do Concello segue pendente

15 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Peregrinos en Coruxo. / Foto: VIGOÉ Peregrinos en Coruxo. / Foto: VIGOÉ

A Xunta de Galicia iniciará este mércores a sinalización do Camiño de Santiago ao seu paso por Vigo. En concreto, os traballos previstos inclúen a colocación de 14 mouteiras, que se instalarán en dous ámbitos: a zona de dominio público marítimo terrestre e estradas de titularidade autonómica, xa que o Concello non deu os pasos necesarios para poder colocar indicacións nas rúas municipais.

Os traballos que se realizarán contan coa preceptiva autorización da Autoridade Portuaria de Vigo, que acollerá tres das mouteiras ao seu paso pola rúa Areal, pola que discorre o Camiño Portugués da Costa na cidade. As 11 restantes correspóndense cos tramos da PO-552 (Estrada de Camposancos) e a PO-325 (Avenida de Ricardo Mella), dependentes da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). Acompáñase, así mesmo, dos oportunos informes técnicos e xurídicos sobre a actuación.

O obxectivo é facilitar o transito dos peregrinos e evitar a súa perda, algo que sucede con moita frecuencia a día de hoxe malia que o alcalde, Abel Caballero, se comprometeu a actuar para sinalizar o Camiño, a última vez este pasado verán. O de Vigo é o único tramo do Camiño Portugués, interior e da Costa, que permanece sen sinalizar á espera de autorización administrativa municipal desde febreiro de 2018, o que impide completar a actuación.

Este itinerario é o terceiro máis percorrido, pois neste 2019 foi elixido por máis de 20.000 peregrinos, un 63% máis que o pasado ano. O seu impulso medra desde o recoñecemento oficial da Xunta na Lei do Patrimonio Cultural. En total, a Xunta instalou máis de 300 sinais desde os concellos de Tui e A Guarda, puntos de inicio de ambas rutas en Galicia, ata Santiago de Compostela. A actuación contou cun investimento de 1,7 millóns de euros.

Directrices de sinalización
No caso de Vigo, a sinalización que se realizará a partir deste mércores 16 de outubro faise en espazos públicos que non precisan de autorización municipal. O proxecto inicial contemplaba a instalación de 65 mouteiras e 52 unidades de sinalización vertical, un orzamento próximo aos 200.000 euros. Delas, instalaranse agora as 14 autorizadas polo Porto e a AXI. Trátase de elementos que se axustan ás directrices de sinalización da comunidade autónoma, que foron tamén asumidas polo Consello Xacobeo a escala nacional e que están ser referencia para as autoridades portuguesas no seu país.

Ter unha ruta en perfectas condicións e ben sinalizada é clave para a experiencia e a seguridade dos peregrinos, máxime coa vista posta no Xacobeo 21. O trazado do Camiño de Santiago por Vigo está fixado e é coincidente tanto por parte do Concello como por parte da Xunta, estando xa autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído