11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

A Xunta prevé aprobar os proxectos sectoriais da ETEA o vindeiro ano

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lamenta que o Plan Sectorial da área de equipamento deportivo (PS-4), promovido polo Concello, sexa o único ámbito da Etea de Vigo sen iniciar nin un só trámite

02 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Infografía dos proxectos para a ETEA. / Fotos: Xunta Infografía dos proxectos para a ETEA. / Fotos: Xunta

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou este mércores que todos os proxectos sectoriais da Etea de Vigo estarán aprobados no vindeiro ano 2020.

Así o puxo de manifesto a conselleira de Medio Ambiente, que este mércores visitou as instalacións da Etea, e onde recordou que toda vez superado dito trámite, os promotores correspondentes de cada ámbito poderán iniciar iniciar a súa execución.

Ángeles Vázquez salientou que o único ámbito sectorial desenvolto na súa totalidade é o Plan Sectorial 5, área de usos recreativos, executado polo actual Goberno grazas ao investimento de 720.000 euros; e no polo oposto atópase o PS-4, polo que lamentou que o Plan sectorial relativo á Área de equipamento deportivo, usos dotacionais e parque urbano (PS-4), cuxo promotor é o Concello de Vigo, é o único ámbito que ata a data non iniciou nin un só trámite.

Vázquez Mejuto destacou que pouco a pouco se vai avanzado neste plans sectoriais e engadiu que hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia publica a anuncio polo que se somete a información pública por un período dun mes o PS-1, relativo aos viarios, espazos libres e infraestruturas, que vén de rematar o trámite ambiental coa emisión do informe ambiental estratéxico. Recordou que nesta zona se atopan os edificios Faraday, Siemens e Kelvin e o peirao e espazos lindeiros coa Praia da Punta e engadiu que, unha vez aprobado o proxecto sectorial, iniciaranse as obras: a Xunta de Galicia executará a urbanización e a Zona Franca e o CSIC, as súas instalacións.

191002 ETEA1

Aclarou que o PS-6 (proxecto sectorial da área de usos complementarios, promovido pola Xunta e que acollerá a nova residencia de maiores para Vigo) xa rematou o período de consulta pública e o próximo paso será sometelo a información pública antes de que remate este ano; mentres que o PS-2 (correspondente á área científica tecnolóxica) xa rematou o trámite ambiental e o seguinte fito é someter o proxecto sectorial a información pública no primeiro trimestre de 2020. Recordou que o promotor deste ámbito é o CSIC e abarca os edificios Kelvin, Hertz, Luís Jener, Aulas e Exposicións, Ampere, Vivenda do Axudante Maior, Churruca e Gaus.

Destacou que o Proxecto sectorial da área científico- tecnolóxica (PS-3) é o que conta cunha tramitación máis avanzada, pois xa rematou a información pública e na actualidade se están analizando os informes sectoriais para introducir as modificacións que resulten oportunas. Este proxecto, cuxo promotor é a Universidade de Vigo, definirá as obras necesarias para adaptar os edificios Siemens e Faraday aos usos docentes, administrativos e de investigación.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído