22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

vigo en inglés

Parten ao Reino Unido e Irlanda os primeiros 37 estudantes becados polo Concello de Vigo

Vigo destina este ano máis de dous millóns de euros para que o alumnado de 4º de ESO viaxe a estudar inglés

16 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O alcalde amosa os mapas coas localidades ás que viaxan os beneficiarios do programa Vigo en Inglés. / Fotos: vigo.org O alcalde amosa os mapas coas localidades ás que viaxan os beneficiarios do programa Vigo en Inglés. / Fotos: vigo.org

Abel Caballero desprazouse na mañá deste luns ata o aeroporto de Vigo, desde onde saíron os primeiros 37 alumnos do programa Vigo en Inglés do Concello, que este ano destina máis de dous millóns de euros para que 900 alumnos de 4º de ESO gocen dunha estancia no Reino Unido ou Irlanda.

Alumnos do IES de Valadares e do Salesianos, trinta e sete estudantes partiron este luns do aeródromo vigués con destino a localidades do Reino e en Irlanda, onde cursarán estudos e vivirán case que un mes coa axuda do Concello, beneficiarios do programa municipal Vigo en Inglés.

En declaracións aos medios, o alcalde trasladou que os alumnos -e os seus pais e nais- estaban "encantados" esta mañá no aeroporto de Vigo, antes da saída dos primeiros voos ao Reino Unido e Irlanda. Os restantes sairán paulatinamente ata o próximo, 23 de setembro.

Son os primeiros 37 dos 900 estudantes que sairán de Peinador nos próximos oito días a distintas localidades do Reino Unido e Irlanda. Segundo avanzou o alcalde, este martes despegan outros 127 alumnos.

1568648222ingles

Abel Caballero puxo en valor que este ano viaxa co Concello todo o alumnado que o solicitou e cumpría os requisitos, incluído o que figuraba inicialmente na lista de agarda. Os estudantes proceden de 54 colexios da cidade e aprenderán inglés en réxime de integración escolar con alumnado nativo.

En total, o goberno de Vigo adica este ano máis de 2,2 millóns de euros a sufragar estancias de idiomas no estranxeiro para un total de mil alumnos, 900 de Secundaria e outros cen da sede de Vigo da Escola Oficial de Idiomas.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído