15112019Vie
Última edición: Vie, 15 Nov 2019 2pm

Comezan os cursos preparatorios para os 900 estudantes que gozarán do programa Vigo en Inglés

Os alumnos beneficiarios, todos os que cumpriron os requisitos, pasarán tres semanas en 54 centros educativos de 50 localidades do Reino Unido e Irlanda

10 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Caballero, na charla cos estudantes do IES O Castro. / Foto: Concello de Vigo Caballero, na charla cos estudantes do IES O Castro. / Foto: Concello de Vigo

Os 900 estudantes que este ano viaxarán a Reino Unido e Irlanda dentro do programa Vigo en Inglés xa están a recibir a formación previa precisa antes de iniciar a marcha, prevista entre o 16 e o 23 de setembro. O alcalde saudou este luns a un centenar de alumnos do IES Castro, na primeira quenda destas charlas, que se prolongarán ao longo dos vindeiros días.

Cun orzamento de 2.045.000 euros, estes estudantes gozarán dunha estancia de tres semanas en 54 centros educativos de 50 localidades do Reino Unido e Irlanda para aprender inglés en réxime de integración escolar con alumnado nativo.

Este ano viaxarán todos os solicitantes que cumprían cos requisitos da convocatoria. A estas 900 bolsas hai que sumar outras 100 da Escola Oficial de Idiomas.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído