14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3am

Vigo rexistra en agosto outro gran dato de turistas, que permaneceron máis tempo

A ocupación alcanzou o 84% malia que o tempo non acompañou, sobre todo na primeira quincena. Durante O Marisquiño o nivel foi do cento por cento

06 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Turistas fotografiándose no Dinoseto. / Foto: Julio Alonso Turistas fotografiándose no Dinoseto. / Foto: Julio Alonso

A comarca de Vigo rexistrou en agosto unha ocupación media do 87% o que a sitúa catro puntos por riba da media provincial (83%). En concreto, a cidade olívica mantivo a media comarcal, do 87%, acadando o 100% durante a celebración do Marisquiño. Ademais, en vilas da comarca como o caso de Baiona a ocupación chegou ao 90%.

Estes resultados “espectaculares”, publicados este venres por Turismo Rías Baixas, proveñen dun estudo rigoroso procedente do Big Data a través de fórmulas estatísticas que garanten un nivel de confianza do 95%. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, salientou que as cifras veñen revalidar as xa acadados no pasado mes de xullo en Vigo.

As persoas que veñen a Vigo alóxanse cada vez máis tempo -pasouse de 2,2 a 2,8 días de media- e invisten máis na cidade, datos que son aínda mellores tendo en conta que agosto deste ano foi, segundo os informes de Meteogalicia, o segundo mes coa temperatura máis baixa da década e con precipitacións que o sitúan como o máis húmido do último lustro.

Neste eido, a presidenta provincial fixo referencia a datos recentemente publicados “como que xa son máis dun centenar os restaurantes e cafés que facturan máis dun millón de euros en Vigo e preto dunha vintena o número de hoteis e moteis que facturan a mesma cifra, o que ven a referendar a excelencia do momento que vive a cidade”

Con respecto ao turismo rural os resultados foron cualificados pola presidenta da Deputación tamén como “excepcionais”, cunha media na comarca de Vigo que superou en agosto o 74% de ocupación. No que respecta aos albergues chegou ao 84% e os cámpings ao 83,3%, oito puntos por riba da media provincial. En canto ás vivendas turísticas, en Vigo a ocupación foi do 100%.

Silva aproveitou a ocasión para dar a coñecer as estimacións, “con moita prudencia”, para o mes de setembro e que sitúan a porcentaxe na comarca de Vigo nun 54%, é dicir, agárdanse tres puntos máis que a media provincial (51%).

No relativo ás persoas que visitaron as oficinas de Turismo Rías Baixas en agosto o 85% proviña de territorio español e o 15% do estranxeiro. A porcentaxe maioritaria contaba con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos, aloxáronse en hoteis entre 7-15 días e viñeron motivados pola cultura, ocio, gastronomía e natureza.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído