17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

A Travesía Escolas Públicas abre ao público tras a súa “singular” reforma

Esta céntrica rúa inaugurou este luns a súa humanización, que buscou acentuar o seu carácter peonil

19 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Caballero, no acto de inauguración. / Foto: Concello de Vigo Caballero, no acto de inauguración. / Foto: Concello de Vigo

A Travesía Escolas Públicas inaugurou este luns a súa humanización nun acto que estivo presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, que cualificou a reforma de “moi singular” e “moi especial”. Esta céntrica rúa, que se atopaba moi deteriorada, loce agora en cores, acentuando o carácter peonil dunha zona de “xente traballadora” que foi “abandonada durante décadas”.

Xunto á humanización en superficie desta calella sen saída perpendicular a García Barbón, o Concello de Vigo acometeu tamén a renovación das redes de saneamento, abastecemento e pluviais, xunto ao alumeado público e novos puntos de luz, mobiliario urbano e unha nova zona axardinada.

Travesía Escolas Públicas é unha céntrica rúa viguesa que finaliza no muro da AP-9, un espazo que presenta algunha “dificultade que trataremos con Autoestradas”, segundo Caballero, porque “non ten a adecuación necesaria”.

travesia escolas publicas inauguracion

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído