11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

Críticas ás dúas lonas colocadas pola Xunta na súa sede en Vigo

Xabier P. Igrexas reprochou que se usen fondos e edificios públicos para propaganda partidista

06 Agosto 2019 por
Lona na fachada da Xunta. / Foto: BNG Lona na fachada da Xunta. / Foto: BNG

O Bloque Nacionalista Galego criticou a instalación de dúas lonas de grande formato na fachada exterior da sede da Xunta en Vigo. Nelas colocaronse dous anuncios sobre o lema “A Xunta con Vigo”, co gallo do copatrocinio da nova edición do Marisquiño. “Se o Partido Popular quere instalar propaganda que o faga co seu diñeiro e instale valados na cidade, pero non pode usar recursos nin edificios públicos”, reprochou o concelleiro do Bloque na cidade, Xabier P. Igrexas.

Aliás, Igrexas instou o PP a poñer fin á política de “permanente abandono” que aplica a Xunta coa principal cidade de Galicia. “Se queren convencer á cidadanía de que a Xunta está con Vigo o que teñen é que emendar radicalmente as súas políticas”, reclamou o edil.

“Teñen unha oportunidade para demostrar ese cambio de inmediato: que revertan os recortes educativos que van aplicar o vindeiro curso en varios centros da cidade, acrecentou. Neste sentido, o voceiro nacionalista mencionou expressmente a supresión de unidades educativas nos CEIP Valle Inclán e Eduardo Pondal.

“É claro que Corina Porro non volveu a Vigo para exercer de delegada da Xunta, se non a desempeñar como comisaria de Propaganda do PP”, declarou Igrexas. “Parécenos moi ben que exerza ese papel, pero que non o faga cos cartos de todos e todas”, remachou.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído