14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 9am

Caballero anuncia unha "actuación excepcional" para o paseo de Bouzas

"En dez días teremos o proxecto rematado, que está encargado desde hai dous meses", adiantou o rexedor este martes

16 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os veciños denuncian o mal estado do paseo. / Foto: Asociación Vila de Bouzas Os veciños denuncian o mal estado do paseo. / Foto: Asociación Vila de Bouzas

Abel Caballero informou este martes da "actuación excepcional" que vai acometer o goberno municipal no paseo de Bouzas, na parte máis próxima ao casco antigo, para o que xa está redactando un proxecto.

"En dez días teremos o proxecto rematado, que está encargado desde hai dous meses", adiantou o rexedor este martes, explicando que, unha vez recibido ese documento, debe superar a declaración de impacto ambiental e "inmediatamente, a dirección de Costas cederá a titularidade do paseo ao Concello", polo que se poderá iniciar a reforma do mesmo.

O alcalde deu conta deste proxecto en declaracións aos medios de comunicación e advertiu que "vai ser unha actuación excepcional e á altura do que Bouzas merece", agora que o Concello "está en disposición de reformar de forma urxente todo o paseo", na parte máis próxima ao casco vello, e "iniciar o paseo que imos facer ata Samil". Así, avanzou que "nun tempo razoable haberá un paseo entre Samil e Bouzas".

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído