18102019Vie
Última edición: Jue, 17 Oct 2019 7pm

"A veciñanza de Bouzas merece saber canto tempo máis vai estar así o paseo”

O BNG pediralle á Dirección de Costas e Concello que informen sobre a prometida cesión do paseo de Bouzas

06 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os veciños denuncian que operarios do Concello retiraron os carteis de protesta colocados esta semana. / Foto: Asociación Vila de Bouzas Os veciños denuncian que operarios do Concello retiraron os carteis de protesta colocados esta semana. / Foto: Asociación Vila de Bouzas

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, mostrou este sábado o seu apoio ás protestos veciñais que se están a producir na vila de Bouzas por causa de levar o paseo marítimo preto dun ano inutilizado.

Igrexas criticou que neste tempo a única actuación realizada foi o seu valado que impide o uso do paseo, pero non se fixo nada “para reparar nin para garantir a seguridade” do paseo, o que priva á veciñanza de Bouzas e ao conxunto das viguesas e vigueses de poder desfrutar dese enclave privilexiado.

O portavoz nacionalista no Concello anunciou que se dirixirá de maneira inmediata á Dirección de Costas estatal e interpelará o Goberno municipal para que “informen e expliquen en que punto está, no caso de que se teña iniciado a súa tramitación, o expediente de cesión do paseo ao Concello”. Igrexas denunciou que o alcalde anunciara a inicios de xaneiro deste ano, nunha mensaxe “electoralista en plena precampaña”, que a cesión sería “inminente”. Porén, máis de medio anos despois nada se sabe sobre a súa tramitación.

O edil reclamou que Goberno municipal explique con claridade con que prazos está traballando esta cuestión. “A veciñanza merece saber durante canto tempo máis vai ficar inutilizado o paseo”, remachou.

Inicia sesión para enviar comentarios

ocio

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído